Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase unha nova edición deste Foro.
Trátase dunha iniciativa impulsada polo propio estudantado que ten como obxectivo achegar o talento universitario das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade ao mundo laboral.
O foro reunirá a estudantes e persoas egresadas con empresas líderes dos sectores tecnolóxico, industrial e da consultoría, ofrecendo espazos de encontro, charlas, obradoiros prácticos e acceso a ofertas de emprego e prácticas.
Máis información e programa completo en: 👉 https://www.forotecnoloxico.net/
Non deixes pasar esta oportunidade para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.




