Presentación do novo vehículo UVigo Motorsport

Meses de traballo, innovación e perseveranza culminan na presentación do novo monopraza de UVigo Motorsport   O próximo venres 3 de xullo a partir das 15:00 horas, terá lugar no salón de actos da EEI – Sede Campus a presentación do novo vehículo desenvolvido por UVigo Motorsport, o equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.   UVigo Motorsport é o único equipo de Fórmula Student de Galicia. Creado no ano 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial, está integramente formado por alumnado da Universidade de Vigo e ten como obxectivo deseñar, fabricar e poñer a …

Continuar lendo

Acto graduación EEI 2026 🎓

Talento preparado para transformar o mundo.       📅 Luns, 8 de xuño de 2026 📍 Auditorio Mar de Vigo   A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro 8 de xuño o acto de graduación do alumnado que remata os seus estudos este curso académico.   Será unha xornada moi especial para celebrar co equipo directivo, o profesorado e as familias o esforzo, o compromiso e todos os momentos compartidos ao longo desta etapa universitaria.   Un acto cheo de emoción co que despedir unha etapa inesquecible e dar a benvida a novos retos e oportunidades.   Esperamos …

Continuar lendo

Exposición itinerante do IV Concurso de Fotografía AIIG/ICOIIG

Cando a enxeñería se converte en imaxe!     Tras a celebración da entrega de premios do IV Concurso de Fotografía “Enxeñaría Industrial na Sociedade”, convocado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o vindeiro xoves 30 de abril, a partir das 12:30 horas, terá lugar no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a inauguración da exposición das fotografías finalistas e gañadoras.   A exposición podrá visitarse ata o 15 de maio.   Este certame pretende pór en valor a conexión entre enxeñaría, sociedade e …

Continuar lendo

Presentación bolsas de verán 2026 de Anfaia

Queres participar nun proxecto real de intelixencia artificial este verán?     O vindeiro xoves 23 de abril, a partir das 17:00 horas, terá lugar no Paraninfo da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Cidade, a presentación das Bolsas de Verán 2026 de Anfaia.   Este programa está dirixido a estudantes universitarios e de Formación Profesional con interese na intelixencia artificial, a programación e o desenvolvemento de proxectos open source, e ten como obxectivo impulsar iniciativas innovadoras que integren a IA en diferentes ámbitos da sociedade, cun enfoque ético e responsable.   Durante a sesión explicarase o funcionamento do programa, …

Continuar lendo

Competición de Robots da EEI 2026

Celebra con nós o próximo RobotFriday!         O vindeiro venres 17 de abril terá lugar a 9ª edición da Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:45 horas.   Queremos que sexa unha xornada na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comunidade, unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos, na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.   Unha oportunidade para pór a proba todo o voso …

Continuar lendo

Foro Tecnolóxico de Emprego 2026

Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase unha nova edición deste Foro.       Trátase dunha iniciativa impulsada polo propio estudantado que ten como obxectivo achegar o talento universitario das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade ao mundo laboral.   O foro reunirá a estudantes e persoas egresadas con empresas líderes dos sectores tecnolóxico, industrial e da consultoría, ofrecendo espazos de encontro, charlas, obradoiros prácticos e acceso a ofertas de emprego e prácticas.   Máis información e programa completo en: 👉 https://www.forotecnoloxico.net/   Non deixes pasar esta oportunidade para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o …

Continuar lendo

Acto graduación 2025

Auditorio de Congresos Mar de Vigo.       O próximo martes 10 de xuño, a Escola de Enxeñería Industrial celebrará o seu Acto de Graduación no Auditorio Mar de Vigo, un evento moi especial para recoñecer o esfuerzo e dedicación do alumnado que finaliza os seus estudos este curso.   O acto contará coa participación do equipo directivo, profesorado e familiares e desenvolverase nun ambiente festivo e emotivo para despedir aos que pechan esta etapa académica e dan a benvida a outra nova chea de oportunidades.   Esperamos vervos a todos/as alí e vivir xuntos/as este momento tan especial. …

Continuar lendo

Desafío CAD

Pon a proba as túas habilidades en deseño!     O 11 de xuño de 2025 celebrarase o concurso Desafío CAD, dirixido a todo o alumnado da Universidade de Vigo de grao e mestrado. Terá lugar no High Tech Auto (HTA), na área portuaria de Bouzas ás 16:30 horas.   A inscrición estará aberta ata o 9 de maio, mediante un correo ao enderezo de correo electrónico gef@uvigo.es, indicando nome e apelidos no asunto do e-mail. No corpo da mensaxe cada participante indicará a súa preferencia de software e a dispoñibilidade ou non dun portátil con licenza para o concurso. …

Continuar lendo

Competición de Robots da EEI 2025

Celebra con nós o X Aniversario!     O vindeiro venres 25 de abril terá lugar a 8ª Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:30 horas.   Queremos que sexa unha edición moi especial, na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comuninidade e vivir unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos e na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.   Unha oportunidade para pór a proba o voso …

Continuar lendo

Actos delegación alumnado celebración patrón EEI

Dende o 10 de marzo celebraranse diferentes torneos e actividades.       Con motivo da celebración do Patrón da Escola de Enxeñería Industrial, a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) vai desenvolver un amplo programa de actividades moi diversas. Haberá torneos de triples de baloncesto, futbolín, xadrez, league of leguends, Mario Kart e moito máis.   Os prazos para inscribirse aos distintos torneos finalizan entre o 5 e o 9 de marzo.   Para máis información, podes contactar coa delegación de alumnado, delegacion@dai.uvigo.gal.   Anímate e participa!

Continuar lendo