Celebra con nós o próximo RobotFriday!

O vindeiro venres 17 de abril terá lugar a 9ª edición da Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:45 horas.
Queremos que sexa unha xornada na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comunidade, unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos, na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.
Unha oportunidade para pór a proba todo o voso talento e creatividade, aprender e mellorar as vosas habilidades en robótica dunha maneira divertida, vivindo unha experiencia inesquecible.
Esperámosvos o 17 de abril no RobotFriday da EEI!
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.




