Celebra con nós o X Aniversario!
O vindeiro venres 25 de abril terá lugar a 8ª Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:30 horas.
Queremos que sexa unha edición moi especial, na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comuninidade e vivir unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos e na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.
Unha oportunidade para pór a proba o voso talento e creatividade, aprender e mellorar as habilidades en robótica dunha maneira divertida, vivindo unha experiencia inesquecible.
Queremos celebrar o noso X Aniversario coa vosa presenza!
Esperámosvos o 25 de abril no RobotFriday da EEI!
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.





