Charla coloquio Mestrado en Enxeñería da Automoción – D. Luis Moreno (CTAG)

 

O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro das CHIA, unha serie de charlas-coloquio nas que se aborda temática de actualidade relacionada co sector da automoción, contando coa participación de persoas de relevancia no sector.

 
Nesta ocasión teremos o pracer de contar coa participación do Director Xeral do CTAG, D. Luis Moreno que nos falará dun tema tan importante e de actualidade coma o vehículo eléctrico, as súas vantaxes, inconvenientes, perspectivas de futuro… Vehículo eléctrico, si, ou non?
 

A charla terá lugar o próximo venres 14 de marzo a partir das 16:00 horas na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.

 

Anímamosvos a participar nesta charla. Coma o número de prazas é limitado, para asistir é necesario rexistrarse na seguinte ligazón: inscrición