Desafío CAD

Pon a proba as túas habilidades en deseño!
 
 

O 11 de xuño de 2025 celebrarase o concurso Desafío CAD, dirixido a todo o alumnado da Universidade de Vigo de grao e mestrado. Terá lugar no High Tech Auto (HTA), na área portuaria de Bouzas ás 16:30 horas.

 

A inscrición estará aberta ata o 9 de maio, mediante un correo ao enderezo de correo electrónico gef@uvigo.es, indicando nome e apelidos no asunto do e-mail. No corpo da mensaxe cada participante indicará a súa preferencia de software e a dispoñibilidade ou non dun portátil con licenza para o concurso. Deberá aportar unha xustificación de estar matriculado no curso 2024/25 na Universidade de Vigo.

 

Os participantes recibirán o plano dunha peza que deberán deseñar correctamente no menor tempo posible sen ningún tipo de axuda externa. Dependendo do número de participantes inscritos, organizaranse quendas clasificatorias que serán anunciadas aos participantes con antelación. Na fase final participarán os 6 alumnos clasificados nas quendas.

 
Da o mellor de ti e gaña un dos seguintes premios:
 

  1. 1. Escáner 3D CR-Scan 01
  2. 2. SpaceMouse Wireless
  3. 3. CadMouse Pro Wireless

 

Non perdas esta oportunidade de amosar as túas capacidades e aprender no proceso!

 

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.