XXXI Seminario de Loxística

 

   
O próximo mércores 21 de maio de 2025 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo (sede Campus) o XXXI Seminario de Loxística, Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo.

 

A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.

 

Trátase dun evento profesional que cada mes de maio reúne na Escola a un importante número de profesionais relacionados cun sector que engloba as áreas de compra, produción, distribución física e loxística inversa, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, a través das intervencións de prestixiosos profesionais.

 

Nesta edición terá especial protagonismo a chegada da Intelixencia Artificial e, con ela, os novos retos e novas realidades que supón a IA, unha tecnoloxía que comeza a ter un papel moi importante na loxística.

 

A asistencia ao seminario é gratuíta.

 

O programa deste ano será o seguinte:

 

  • 9:50 horas. Inauguración por parte de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e D. J. Carlos Prado, Director do Seminario.
  •  

  • 10:00 horas. Modelo e casos prácticos de innovación na unidade de inteligxencia de Procesos en Serveo Industria.
    • Antonio Hernández González, Managing Director en IPro (Process Intelligence Business Unit en Serveo).
    • Catalina Losada Uz, Responsable de desenvolvemento de negocio e Coordinadora de proxectos de innovación en IPro (Process Intelligence Business Unit en Serveo).
  •  

  • 11:00 horas. Retos e realidades da Intelixencia Artificial. Casos prácticos. 
    • Javier Martínez Torres, Profesor titular e Conselleiro en Possible.
  •  

  • 12:00 horas. Pausa café.
  •  

  • 12:30 horas. Unha década de 4PL: Transformación da xestión da cadea de subministración a través de Persoas, Procesos e Sistemas.
    • David Silveira Pereira, Responsable de Estratexia e Solucións 4PL en OIA Global.
  •  

  • 13:30 horas. Mitos da entrega en liña: uso de datos e análise para descubrir o que os clientes realmente queren.
    • Pedro Amorim, Profesor da Universidade do Porto e Partner en LTPlabs.
  •  

  • 14:30 horas. Xantar para os asistentes que o desexen en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe 11 € por persoa.

 

Desexamos que esta nova edición do Seminario sexa do voso interese e poder contar coa vosa presenza. Vémonos en Vigo!