XXXII Seminario de Loxística

Claves e tendencias

   

📅 Mércores, 20 de maio de 2026.
📍 Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus da Universidade de Vigo.
🎟️ Asistencia gratuíta.
📝 Inscrición a través deste formulario. Indicar se se desexa participar no xantar.
 

A Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus acolle unha nova edición do Seminario de Loxística, un encontro de referencia que reúne cada ano a profesionais e expertos do sector para compartir coñecementos, experiencias e tendencias en áreas como a cadea de subministración, a produción, a distribución e a loxística inversa.

 

Organizado polo Grupo en Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo, o seminario combina visión estratéxica e casos prácticos da man de profesionais de prestixio.

 

A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.

 

O programa deste ano será o seguinte:

 

  • 9:50 horas – Inauguración a cargo de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e de D. José Carlos Prado, Director do Seminario.
  •  

  • 10:00 horas – De prototipos a produción: consolidación dun produto aeronáutico.
    • Héctor Estévez Pomar, Director xeral e socio en Centum Research & Technology.
    • David Casasnovas Fernández, Director de operacións e socio en Centum Research & Technology.
  •  

  • 11:00 horas – Retos e expectativas na distribución urbana de mercadorías. 
    • José Carlos Espeso Illera, Xerente de mobilidade e Distribución Urbana en AECOC.
    • Mesa redonda con Sarai Rodrigo (Responsable de loxística e transportes en GADISA), Pedro Conde (Responsable de loxística de Distribución en HIJOS DE RIVERA S.A.U) e Transportista (pendente de confirmación).
  •  

  • 12:00 horas – Pausa café.
  •  

  • 12:30 horas – Estruturación e mellora de procesos en contornos de crecemento: casos prácticos nunha empresa do sector da construción.
    • Ignacio González Montes, Adxunto á Xerencia en Plaintec Obras y Servicios.
  •  

  • 13:30 horas – Cando as persoas moven a loxística: o poder dos equipos de mellora en Congalsa.
    • Diego Álvarez Pérez, Director de planificación e loxística en Congalsa.
    • Antía Moledo Gugliotta, Xefa de loxística en Congalsa.
  •  

  • 14:30 horas. Xantar opcional en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe pendente de confirmar.

 
💡 Por que asistir?
 

  • Coñece as últimas tendencias en loxística.
  • Escoita experiencias reais do sector.
  • Conecta con profesionais e empresas.

 

Agardámoste en Vigo!