Falemos de proxectos

A OPI achégase á EEI para presentar novas oportunidades de financiamento europeo

  
A Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da Universidade de Vigo pon en marcha durante o mes de novembro a iniciativa «Falemos de proxectos», unha acción de información e asesoramento dirixida ao persoal docente e investigador (PDI) da UVigo, co obxectivo de dar a coñecer novas oportunidades de financiamento europeo e fomentar a súa participación en proxectos internacionais.
 
O próximo venres 6 de novembro, durante toda a mañá e ata as 15:00 horas, o equipo da OPI estará no vestíbulo da Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus, onde atenderá so persoal investigador interesado en coñecer as posibilidades de participación en programas europeos.
 
Nesta ocasión, prestarase especial atención ás oportunidades e convocatorias previstas para 2027 nos programas Erasmus+, Europa Creativa e CERV. Será unha ocasión para compartir ideas e iniciativas, resolver dúbidas e recibir orientación sobre a identificación de oportunidades de financiamento e o desenvolvemento de novas propostas internacionais.
 
A iniciativa busca favorecer un contacto directo e próximo entre o persoal da OPI e o PDI da Escola, coñecer os seus intereses e proxectos de investigación e, especialmente, animar o persoal investigador máis novo a dar os primeiros pasos na participación en proxectos internacionais.
  
Información do evento
 
📅 6 de novembro.  
🕙 Ata ás 15:00 horas.  
📍 Vestíbulo Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus.