Unha viaxe pola historia – o gran reencontro En outubro de 1976 comezaban os estudos de Enxeñaría Industrial en Vigo. Cincuenta anos despois, queremos celebrar este fito coa comunidade que, ao longo de cinco décadas, contribuíu a construír esta historia. 📅 Sábado 24 de outubro 📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus A celebración terá como acto central un encontro aberto ás diferentes xeracións de estudantes, persoas egresadas, profesorado, persoal e demais persoas vinculadas á Escola, que co seu esforzo e compromiso contribuíron a construír estes cincuenta anos de historia, formación, innovación e desenvolvemento. Programa …
Continue Reading
Un encontro coa historia – viaxando no tempo 📅 20 de outubro 📍 Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus Un primeiro encontro aberto á comunidade para poñer en valor a traxectoria da Enxeñería Industrial en Vigo e a súa contribución ao desenvolvemento industrial, tecnolóxico e social da nosa contorna. Entrada libre e sen necesidade de inscrición previa. A Escola abre as súas portas para viaxar no tempo. Alumnado, profesorado e persoas egresadas percorrerán a Escola dos seus primeiros anos, recuperarán a moda de diferentes décadas e celebrarán xuntos medio século de historia, nunha xornada que …
Continue Reading
Protocolo de prevención do acoso sexual e por razón de sexo na UVigo Esta formación presencial e dinámica terá lugar o xoves 15 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus. A formación ofrece recursos prácticos para sensibilizar e capacitar o alumnado na identificación e comprensión das violencias machistas no contexto universitario, con especial atención ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo. Así mesmo, promove a adquisición de ferramentas para recoñecer, previr e actuar ante estas situacións no día a día. Pode consultarse máis información na …
Continue Reading
30 de setembro e 1 de outubro Máis alá da aula: prácticas, mobilidade e colaboración. Os días 30 de setembro e 1 de outubro celebraranse as xornadas de acollida dirixidas ao alumnado de 3.º curso da Escola. Durante estas xornadas presentaranse diferentes oportunidades e recursos de interese para o estudantado, con información sobre: Prácticas académicas. Mobilidade. Bolsas de colaboración en departamentos. Unha oportunidade para coñecer de primeira man as distintas opcións dispoñibles e resolver dúbidas sobre os procedementos e requisitos. Podes asistir a unha das seguintes reunións: Sede Cidade 📅 Mércores 30 de …
Continue Reading
Non perdas esta oportunidade! O vindeiro venres 25 de setembro de 2026 celebrarase unha nova edición da G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. Nesta VI edición, este evento ten como obxectivo achegar a ciencia e a investigación á cidadanía, fomentar a divulgación científica e poñer en valor a importancia da investigación para o avance da sociedade. O programa reunirá propostas de divulgación científica, demostracións e actividades participativas e a Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) estará un ano máis presente nesta cita coa ciencia. Persoal investigador e docente da EEI participará nas actividades que se desenvolverán no …
Continue Reading
21 e 23 de setembro Es estudante de 4º? Sabes responder ás seguintes preguntas? — Que diferenza hai entre prácticas curriculares e extracurriculares? — Podo facer prácticas no verán? — Podo facer prácticas no estranxeiro despois de titularme? — Canto poden durar as prácticas? — As prácticas son remuneradas? — Podo presentar o TFG se me queda algunha materia pendente? — Se presento o TFG en setembro, teño que volver pagar a matrícula? — Que opcións teño para continuar os meus estudos? — Podo optar a algún programa de mobilidade …
Continue Reading
📅 22 e 23 de setembro de 2026 📍 Escola de Enxeñaría Industrial – Sede Campus As II Xornadas de Enxeñaría Biomédica nacen como un punto de encontro entre a enxeñaría e a medicina, reunindo durante dous días a alumnado, profesorado, persoal investigador e profesionais do sector para abordar diferentes ámbitos da enxeñaría biomédica e as súas aplicacións na saúde. O programa inclúe: Martes 22 de setembro Acto de apertura e inauguración. Charla Tecnología al servicio del neurocirujano: sistemas de asistencia quirúrgica, a cargo do Dr. Manuel Carballo Quintá. Mesa redonda Mujeres STEM: Realidades y Desafíos. …
Continue Reading
Organizado por CINTECX, converterá a EEI nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento, a innovación e a colaboración científica. As instalacións da Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) acollerán os próximos 21 e 22 de xullo o congreso internacional DCETIP 2026, organizado por CINTECX. Este encontro doutoral reunirá persoal investigador especializado en enerxía, tecnoloxías avanzadas e procesos industriais para compartir coñecemento, presentar os resultados das súas investigacións e fomentar novas colaboracións. O congreso está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais, doutorandas e doutorandos, persoas recentemente doutoradas e profesionais do ámbito industrial interesados en presentar os …
Continue Reading
10:00 horas – Sede campus. 16:00 horas – Sede cidade A Escola de Enxeñaría Industrial dará a benvida ao alumnado de novo ingreso o 2 de setembro cunha xornada de acollida que se desenvolverá en horario de mañá na Sede Campus e en horario de tarde na Sede Cidade, co obxectivo de facilitar a incorporación á vida universitaria e dar a coñecer a Escola, os seus servizos e recursos. 🟦 Sede Campus 📅 2 de setembro · 🕙 10:00 h · 📍 Salón de Actos Programa 10:00 – 10:10 h: Benvida. 10:10 – 11:45 …
Continue Reading
Un encontro para coñecer experiencias inspiradoras e novas oportunidades na carreira investigadora. A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) e CINTECX organizan o vindeiro 18 de xuño a xornada “Claves para a Carreira Investigadora: Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría”, unha actividade enmarcada no Programa Mentoring de CINTECX e na conmemoración do Día Internacional da Muller na Enxeñaría (23 de xuño). Terá lugar na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O encontro está dirixido ao persoal investigador predoutoral, persoas doutoradas recentemente, así como ao alumnado de TFG e TFM interesado …
Continue Reading