Xornada “Hygienic TechDays”

Coñece como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental.    Xornada organizada en colaboración con Beckhoff. Terá lugar no Salón de Actos e o Hall da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.   Descobre en HYGIENIC TechDays como a innovación e o deseño hixiénico transforman a industria e o teu futuro profesional.   Os HYGIENIC TechDays son un espazo de aprendizaxe e actualización pensado para quen quere prepararse para os retos reais da industria.   Se estás a estudar enxeñería, tecnoloxía, automatización, mecatrónica ou carreiras afíns, estas xornadas permitiranche coñecer como …

Continue Reading

Acto académico de celebración do patrón da EEI 2026

      A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro mércores 18 de marzo o acto académico con motivo da festividade do seu patrón, unha das citas institucionais máis destacadas do curso na nosa Escola.   O acto dará comezo ás 12:00 horas. Prégase as persoas asistentes estar presentes ás 11:30 horas para facer a recepción previa.   Ao rematar, celebrarase un xantar de confraternidade no hotel NH Collection.   Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario formalizar a inscrición antes das 23:59 horas do 9 de marzo a través do QR ou do seguinte …

Continue Reading

Foro Tecnolóxico de Emprego 2026

Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase unha nova edición deste Foro.       Trátase dunha iniciativa impulsada polo propio estudantado que ten como obxectivo achegar o talento universitario das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade ao mundo laboral.   O foro reunirá a estudantes e persoas egresadas con empresas líderes dos sectores tecnolóxico, industrial e da consultoría, ofrecendo espazos de encontro, charlas, obradoiros prácticos e acceso a ofertas de emprego e prácticas.   Máis información e programa completo en: 👉 https://www.forotecnoloxico.net/   Non deixes pasar esta oportunidade para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o …

Continue Reading

Sesión Académica AECOC. Fundamentos das RAL

      O vindeiro venres 13 de febreiro, de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar na EEI – Sede Campus unha Xornada Académica AECOC, dirixida a difundir os fundamentos das RAL (Recomendacións AECOC para a Loxística).   AECOC (Asociación Española de Codificación Comercial) é unha das maiores asociacións empresariais de España, con máis de 34.000 empresas asociadas e unha marcada visión global e colaborativa. Trátase da única asociación na que industria, distribución e operadores intermedios traballan conxuntamente para aportar maior valor ao consumidor, integrando a todos os axentes da cadea de valor: produtores, fabricantes, operadores loxísticos e distribuidores.   …

Continue Reading

XORNADA Elas Fan CienTec 2026

Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.     Esta xornada enmárcase dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e supón unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e en especial ao alumnado, a actividade investigadora que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.   Tratáse dunha actividade divulgativa orientada a visibilizar o traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da nosa Escola e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.   O programa previsto para esta xornada é o seguinte:   9:30 – …

Continue Reading

Celebración da Xunta de Escola

Órgano colexiado de representación e decisión. Convocatoria da última sesión do ano.   O próximo xoves 18 de decembro, a partir das 12:00 horas no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, celebrarase a última sesión da Xunta de Escola deste ano 2025.   Lembra que a Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión da EEI e está rexida polo título I do Regulamento de Réxime Interno da EEI.   Será unha sesión especialmente importante, na que se fai balance das actuacións levadas a cabo durante este ano e tamén aquelas …

Continue Reading

XIV Xornada patentes e propiedade intelectual

Organiza a Escola de Enxeñería Industrial coa colaboración de ABG Intellectual Property.   O próximo martes 2 de decembro terá lugar, a partir das 10:30 horas na Aula de grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a XIV Xornada patentes e propiedade intelectual.   A programación desta xornada é a seguinte:   Propiedade intelectual e propiedade industrial. Modos de protección da propiedade intelectual. Modos de protección da propiedade industrial. Patentes. Modelos de utilidade. Deseños. Marcas. Patentes Que é unha patente? Estrutura dunha patente. Requisitos de patentabilidade. Procedemento administrativo. Dereitos. Modalidades de patentes. Casos prácticos de patentes. Estrutura. Xogo …

Continue Reading

Proxectos StemBach 2025/27

Xornada de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27.     O próximo xoves 13 de novembro terá lugar, a partir das 15:45 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, o acto de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27.   A programación desta xornada é a seguinte:   15:45 – 16:00 horas: recepción dos asistentes. 16:00 – 16:10 horas: benvida do director da EEI. 16:10 – 16:30 horas: programa STEMbach 16:30 – 16:45 horas: explorando a EEI. 16:45 – 17:45 horas: reunión dos proxectos StemBach – bienio 2025/2027.   Esperámosvos!   Os …

Continue Reading

40 ANOS DA ENXEÑERÍA DE ORGANIZACIÓN NA EEI

5ª XORNADA: Conferencia de clausura e cea de confraternización     Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos -hoxe profesionais-, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia.   O venres 21 de novembro estes actos chegan á súa fin cunha conferencia de clausura, que terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo – Sede Campus, e unha de cea de confraternización.   A conferencia titulada “Sostibilidade …

Continue Reading

Xornada das profesións 2025

      O mércores 12 de novembro ás 17:00 horas, no Paraninfo da EEI – Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial.   Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario:   👉 INSCRICIÓN/REXISTRO.   Esta xornada vai dirixida ao alumnado da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulado ou nos últimos cursos.   Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (Pemes e …

Continue Reading