Impartida por Rubén Rodríguez, Head of Electric/Hybrid Powertrain Area en CTAG. A electrificación do automóbil enfróntase a grandes incertezas que poden resultar moi importantes cara ao cumprimentos dos obxectivos da axenda 2035. Os desafíos técnicos están facendo que os fabricantes europeos estean a reconsiderar as súas estratexias de transición. Ante este escenario, aínda que a meta final da UE segue centrada no coche eléctrico, o debate sobre solucións máis flexibles segue aberto e parece que colle máis forza un enfoque que pasa por alternativas híbridas. Neste escenario, son moitos os interrogantes aos que se teñen que …
Continue Reading
Coñece como se deseñan procesos máis seguros, eficientes e competitivos en sectores onde a hixiene é fundamental. Xornada organizada en colaboración con Beckhoff. Terá lugar no Salón de Actos e o Hall da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Descobre en HYGIENIC TechDays como a innovación e o deseño hixiénico transforman a industria e o teu futuro profesional. Os HYGIENIC TechDays son un espazo de aprendizaxe e actualización pensado para quen quere prepararse para os retos reais da industria. Se estás a estudar enxeñería, tecnoloxía, automatización, mecatrónica ou carreiras afíns, estas xornadas permitiranche coñecer como …
Continue Reading
A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro mércores 18 de marzo o acto académico con motivo da festividade do seu patrón, unha das citas institucionais máis destacadas do curso na nosa Escola. O acto dará comezo ás 12:00 horas. Prégase as persoas asistentes estar presentes ás 11:30 horas para facer a recepción previa. Ao rematar, celebrarase un xantar de confraternidade no hotel NH Collection. Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario formalizar a inscrición antes das 23:59 horas do 9 de marzo a través do QR ou do seguinte …
Continue Reading
Os días 24 e 25 de febreiro celebrarase unha nova edición deste Foro. Trátase dunha iniciativa impulsada polo propio estudantado que ten como obxectivo achegar o talento universitario das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade ao mundo laboral. O foro reunirá a estudantes e persoas egresadas con empresas líderes dos sectores tecnolóxico, industrial e da consultoría, ofrecendo espazos de encontro, charlas, obradoiros prácticos e acceso a ofertas de emprego e prácticas. Máis información e programa completo en: 👉 https://www.forotecnoloxico.net/ Non deixes pasar esta oportunidade para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o …
Continue Reading
O vindeiro venres 13 de febreiro, de 11:30 a 14:00 horas, terá lugar na EEI – Sede Campus unha Xornada Académica AECOC, dirixida a difundir os fundamentos das RAL (Recomendacións AECOC para a Loxística). AECOC (Asociación Española de Codificación Comercial) é unha das maiores asociacións empresariais de España, con máis de 34.000 empresas asociadas e unha marcada visión global e colaborativa. Trátase da única asociación na que industria, distribución e operadores intermedios traballan conxuntamente para aportar maior valor ao consumidor, integrando a todos os axentes da cadea de valor: produtores, fabricantes, operadores loxísticos e distribuidores. …
Continue Reading
Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo. Esta xornada enmárcase dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e supón unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e en especial ao alumnado, a actividade investigadora que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Tratáse dunha actividade divulgativa orientada a visibilizar o traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da nosa Escola e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas. O programa previsto para esta xornada é o seguinte: 9:30 – …
Continue Reading
Órgano colexiado de representación e decisión. Convocatoria da última sesión do ano. O próximo xoves 18 de decembro, a partir das 12:00 horas no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, celebrarase a última sesión da Xunta de Escola deste ano 2025. Lembra que a Xunta de Escola é o órgano colexiado de representación e de decisión da EEI e está rexida polo título I do Regulamento de Réxime Interno da EEI. Será unha sesión especialmente importante, na que se fai balance das actuacións levadas a cabo durante este ano e tamén aquelas …
Continue Reading
Organiza a Escola de Enxeñería Industrial coa colaboración de ABG Intellectual Property. O próximo martes 2 de decembro terá lugar, a partir das 10:30 horas na Aula de grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a XIV Xornada patentes e propiedade intelectual. A programación desta xornada é a seguinte: Propiedade intelectual e propiedade industrial. Modos de protección da propiedade intelectual. Modos de protección da propiedade industrial. Patentes. Modelos de utilidade. Deseños. Marcas. Patentes Que é unha patente? Estrutura dunha patente. Requisitos de patentabilidade. Procedemento administrativo. Dereitos. Modalidades de patentes. Casos prácticos de patentes. Estrutura. Xogo …
Continue Reading
Xornada de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27. O próximo xoves 13 de novembro terá lugar, a partir das 15:45 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, o acto de inauguración dos proxectos StemBach correspondentes ao bienio 2025/27. A programación desta xornada é a seguinte: 15:45 – 16:00 horas: recepción dos asistentes. 16:00 – 16:10 horas: benvida do director da EEI. 16:10 – 16:30 horas: programa STEMbach 16:30 – 16:45 horas: explorando a EEI. 16:45 – 17:45 horas: reunión dos proxectos StemBach – bienio 2025/2027. Esperámosvos! Os …
Continue Reading
5ª XORNADA: Conferencia de clausura e cea de confraternización Con motivo do 40 aniversario da Organización Industrial na EEI, programáronse unha serie de xornadas coas que se pretende homenaxear aos alumnos -hoxe profesionais-, aos docentes e aos empresarios que contribuíron ao desenvolvemento e ao éxito desta rama da Enxeñería Industrial en Galicia. O venres 21 de novembro estes actos chegan á súa fin cunha conferencia de clausura, que terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo – Sede Campus, e unha de cea de confraternización. A conferencia titulada “Sostibilidade …
Continue Reading