Auditorio de Congresos Mar de Vigo. O próximo martes 10 de xuño, a Escola de Enxeñería Industrial celebrará o seu Acto de Graduación no Auditorio Mar de Vigo, un evento moi especial para recoñecer o esfuerzo e dedicación do alumnado que finaliza os seus estudos este curso. O acto contará coa participación do equipo directivo, profesorado e familiares e desenvolverase nun ambiente festivo e emotivo para despedir aos que pechan esta etapa académica e dan a benvida a outra nova chea de oportunidades. Esperamos vervos a todos/as alí e vivir xuntos/as este momento tan especial. …
Continue Reading
O próximo mércores 21 de maio de 2025 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo (sede Campus) o XXXI Seminario de Loxística, Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo. A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. Trátase dun evento profesional que cada mes de maio reúne na Escola a un importante número de profesionais relacionados cun sector que engloba as áreas de compra, produción, distribución física …
Continue Reading
Pon a proba as túas habilidades en deseño! O 11 de xuño de 2025 celebrarase o concurso Desafío CAD, dirixido a todo o alumnado da Universidade de Vigo de grao e mestrado. Terá lugar no High Tech Auto (HTA), na área portuaria de Bouzas ás 16:30 horas. A inscrición estará aberta ata o 9 de maio, mediante un correo ao enderezo de correo electrónico gef@uvigo.es, indicando nome e apelidos no asunto do e-mail. No corpo da mensaxe cada participante indicará a súa preferencia de software e a dispoñibilidade ou non dun portátil con licenza para o concurso. …
Continue Reading
Celebra con nós o X Aniversario! O vindeiro venres 25 de abril terá lugar a 8ª Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:30 horas. Queremos que sexa unha edición moi especial, na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comuninidade e vivir unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos e na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica. Unha oportunidade para pór a proba o voso …
Continue Reading
O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro das CHIA, unha serie de charlas-coloquio nas que se aborda temática de actualidade relacionada co sector da automoción, contando coa participación de persoas de relevancia no sector. Nesta ocasión teremos o pracer de contar coa participación do Director Xeral do CTAG, D. Luis Moreno que nos falará dun tema tan importante e de actualidade coma o vehículo eléctrico, as súas vantaxes, inconvenientes, perspectivas de futuro… Vehículo eléctrico, si, ou non? A charla terá lugar o próximo venres 14 de marzo a partir das 16:00 horas na …
Continue Reading
O xoves 20 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial. Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 17 de marzo a través do QR ou na ligazón: https://forms.gle/ecM3zugjRP26U7T4A Consulta o programa completo do acto académico do patrón da EEI.
Continue Reading
Dende o 10 de marzo celebraranse diferentes torneos e actividades. Con motivo da celebración do Patrón da Escola de Enxeñería Industrial, a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) vai desenvolver un amplo programa de actividades moi diversas. Haberá torneos de triples de baloncesto, futbolín, xadrez, league of leguends, Mario Kart e moito máis. Os prazos para inscribirse aos distintos torneos finalizan entre o 5 e o 9 de marzo. Para máis información, podes contactar coa delegación de alumnado, delegacion@dai.uvigo.gal. Anímate e participa!
Continue Reading
Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo. Esta xornada está enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. É unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e ás alumnas o que se fai na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Unha actividade divulgativa esencial para dar visibilidade ao traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da institución e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas. O programa previsto para esta xornada é o seguinte: 9:30 – 9:45 horas: Benvida por parte da …
Continue Reading
Do 07 ao 14 de febreiro de 2025 terán luga na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), as I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025 O programa inclúe os seguintes relatorios: Venres 7 de febreiro 11:00 a 12:00 horas: Charla FabRX – “Driving innovation in research with 3D printing” (Salón de actos). Adrián Campos. 12:30 a 13:30 horas: Charla KUNE Implants – “Implantes personalizados: da planificación dixital á realidade cirúrxica” (Salón de actos). Iago González Fernández e Fátima Sendín. 15:00 – 17:00 horas: Obradoiro Beta Implants – “Principios biomecánicos en osteosíntese (Aula 0). Lorena Rodríguez, Elia Fernández, Claudia …
Continue Reading
O luns 10 de febreiro comezan as JAI’2025, a X Edición destas “Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial”. Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas. Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, …
Continue Reading