Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Escola de Enxeñería Industrial.
O Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.
A asistencia ao seminario é gratuíta. Os interesados en asistir podedes reservar a vosa praza directamente na web do Grupo GIO ou na seguinte ligazón https://forms.gle/E1JLXrTSMDKVj5ff8.
O programa será o seguinte:
- 10:00 horas. Blockchain aplicado á cadena de subministración: creando valor ao cliente e mellorando a eficiencia nos procesos.
- José Iglesias Álvarez, Director Ejecutivo en Trazum Galicia.
- Gerardo Estévez Suárez, CEO en Trazum Galicia e Socio Director en Elige Plus Consultores de Dirección.
- 11:00 horas. OpenInnovation para solucións loxísticas nunha empresa textil
- Diego Piñeiro, Dirección de Innovación en Selmark Lingerie
- 12:00 horas. Pausa café
- 12:30 horas. Operational Excellence: Roadmap for Logistics
- Mario Díaz, Técnico Loxística Manantiales Central.
- David Rey, Técnico de Procesos e sistemas Almacén. Coca Cola Europacific Partners
- 13:30 horas. O reto da automatización integral da intraloxística nun sector supostamente tradicional. O caso de Arnoia Distribución de Libros S.A.
- Alberto Pérez Abreu, Director financiero en Arnoia Distribución de Libros S.A.
- 14:30 horas. Clausura
Para ampliar a información podedes consultar a nosa páxina web así como o seguinte documento co programa e ubicación.