Novas

Mestrados EEI – Preinscripción curso 2020/21

Listaxes provisionais admitidos e excluídos 2º prazo Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nos mestrados da EEI do segundo prazo de matrícula para o curso 2020/2021. Podes consultalas na seguinte ligazón: Listaxes alumnado preinscrito mestrados. Lembra que o prazo de reclamacións é do 11 ao 14 de setembro. Documentos e enlaces Listaxes provisionais preinscripción 2º prazo Mestrados

Continuar lendo

Asignación de grupos de 1º curso – 1ª matrícula.

Consulta o teu grupo para o curso 2020/21  Xa podes consultar na túa Secretaría Virtual a asignación do grupo de aula, tanto de teoría como de prácticas. Os grupos específicos de laboratorio publicaranse tan pronto sexa posible. Lembramos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o Centro. A adxudicación do alumnado faise atendendo as necesidades de organización docente da EEI, máxime na situación tan excepcional na que se vai deselvolver o curso. O único grupo que se imparte en inglés na Escola é o A07 do campus; se aparece indicado nalgún outro que se imparte …

Continuar lendo

Plan de Prevención para o Control Sanitario (PPCS)

Protocolos de actuación. Medidas de seguridade e hixiene Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, no curso 2020/21 toda a comunidade universitaria deberá coñecer e cumprir os protocolos establecidos no Plan de Prevención para o Control Sanitario elaborado pola EEI. Trátase dun conxunto de medidas de seguridade e hixiene e recomendacións sobre o desenvolvemento da docencia, cuxa observación nos corresponde a todos (profesorado, alumnado persoal de administración e servizos…) O papel de cada un de nós no cumprimento deste plan de prevención é esencial para garantir que a docencia poida transcorrer dun xeito seguro dentro da situación na que …

Continuar lendo

Mestrados EEI – Preinscripción curso 2020/21

Listaxes definitivas admitidos e excluídos 1º prazo Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos nos mestrados da EEI do primeiro prazo de matrícula para o curso 2020/2021. Podes consultalas na seguinte ligazón: Listaxes alumnado preinscrito mestrados. Lembra que o período de matrícula é o do 21 ao 24 de xullo. Do 26 de agosto ao 1 de setembro de 2020 terás unha nova oportunidade para realizar a preinscripción nos mestrados do teu interese. Documentos e enlaces Listaxes definitivas preinscripción 1º prazo Mestrados

Continuar lendo

Eleccións Director EEI 2020

Calendario e censo electoral provisional. O venres 17 de xullo de 2020 da comezo o proceso electoral para a elección do director da EEI coa publicación do calendario e dos censos provisionais dos distintos sectores e colectivos da EEI. Ábrese un prazo de reclamacións aos devanditos censos a partir do vindeiro luns día 20 de xullo e ata o 23 de setembro, ao non computar os días non lectivos dos meses de xullo, agosto e setembro. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións director EEI 2020.

Continuar lendo

Xornada Virtual Portas Abertas

O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta xornada da EEI A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. Nestes momentos tan complexos nos que nos atopamos, o sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade. Este ano, …

Continuar lendo

Erasmus-prácticas 2020/21

Aberto prazo presentación solicitudes Está publicada a convocatoria Erasmus-prácticas para realizar estadías no curso 20-21 en empresas, universidades, centros de investigación e outras institucións da Unión Europea e países acollidos ao programa Erasmus+. A duración mínima da estadía é de 2 meses e esta poderá iniciarse a partir do 15/10/2020. A data límite de presentación de solicitudes é o 27 de xullo de 2020. Documentos e enlaces Máis información sobre a convocatoria

Continuar lendo

Eleccións Xunta Escola

Proclamación de candidaturas Pasados os prazos establecidos, e de acordo ao aprobado na sesión da Xunta Electoral da EEI do pasado venres 3 de xullo, as candidaturas definitivas pasan a ser membros electos da Xunta de Escola da EEI polos correspondentes sectores. Lembramos aos membros electos que non pertenzan actualmente á Xunta de Escola, contacten coa dirección do centro (eei.secretario@uvigo.es) para seren engadidos ao listado de distribución da devandita Xunta. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións Xunta Escola.

Continuar lendo