Xornada Virtual Portas Abertas

O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta xornada da EEI

A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. Nestes momentos tan complexos nos que nos atopamos, o sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade.

Este ano, por cuestións de seguridade, a xornada será de forma virtual, polo que poderás participar neste evento sen ter que desprazarte. Non por iso a xornada deixa de ser un evento no que podemos axudarche á mellor elección para o teu futuro.

Durante a xornada, prevista para o vindeiro xoves 16 de xullo de 2020, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións que se veñen impartido e daquelas novas que comezarán no vindeiro curso. É unha grande ocasión para resolver as súas dúbidas sobre as titulacións impartidas polo centro.

Na xornada tamén terán a posibilidade de coñecer as saídas profesionais e achegarse a un mundo cheo de tecnoloxía onde se prepararán os enxeñeiros do futuro. 

A asistencia é gratuíta pero é preciso facer o rexistro enchendo o seguinte formulario: Asistencia xornada portas abertas.

A ligazón da sala na que se vai celebrar esta xornada é a seguinte: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/312934181

Para acceder a mesma debe facerse co perfil de estudante, indicando o nome e coa clave de acceso que será comunicada nos vindeiros días, unha vez feito o rexistro.

Non deixes pasar esta ocasión, esperámoste!