Novas

Xornada de Orientación Universitaria

Os días 13 e 14 de maio de 2020 celebrarase unha Xornada de Orientación Universitaria virtual a través do Campus Remoto. A xornada do 13 maio desenvolverase pola tarde e vai dirixida a alumnado de bacharelato e últimos cursos de ESO. Ofrecerase información sobre a ABAU, o proceso de preinscrición e matrícula, a oferta formativa e os servizos da Universidade de Vigo. Para a xornada do día 14 de maio, están previstas sesións distribuídas por ámbito de coñecemento: Artes e Humanidades, ámbito Xurídico Social, Ciencias da Saúde, ámbito da Enxeñaría e Arquitectura.

Continuar lendo

Guías de axuda online

Co obxecto de mitigar o efecto da situación creada pola alerta sanitaria informámosche que, dentro do convenio da Escola con CIMWORKS, púxose en marcha unha iniciativa para facilitar o uso de SOLIDWORKS Educacional desde casa. Para iso, CIMWORKS pon a disposición unhas Guías de axuda online nas que se detallan todos os recursos dispoñibles (descargas de SOLIDWORKS, portal de contidos formativos online MySolidWorks, Blogues, Canle Youtube). Hai unha Guía para os Docentes e outra para os Estudantes: Guía SOLIDWORKS para Docentes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-docente/ Guía SOLIDWORKS para Estudantes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-estudiante/ Para o acceso a estes recursos é necesario utilizar os números de licenza correspondentes á Universidade de Vigo. Para obter os códigos debes poñerche en …

Continuar lendo

Distinción de TFM por parte do ICOIIG

Está en marcha a convocatoria 2020 ás Distincións dos Proxectos realizados nos Traballos Fin de Mestrado para o alumnado do Mestrado en Enxeñería Industrial. As bases de participación e formulario figuran na seguinte ligazón: Distincións Proxectos Fin Mestrado – Convocatoria 2020 O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) desexa desta forma estimular o traballo dos futuros Mestrados en Enxeñería Industrial, a través dos proxectos levados a cabo nos seus Traballos Fin de Mestrado. 

Continuar lendo

Aviso importante

Os servizos administrativos do centro non prestarán atención presencial ata novo aviso. A atención prestarase exclusivamente a través de correo electrónico, pódense consultar os enderezos na web do centro/administración e servizos. Como único punto de atención telefónica urxente contactar coa Administradora do ámbito tecnolóxico no teléfono 647343115.

Continuar lendo

Charlas Patrón EEI

Con motivo da celebración do Patrón da EEI, desde a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) están a organizarse diversas charlas que se achegan no seguinte documento e que esperamos sexan do interese de toda a comunidade da nosa Escola. Animámosvos a que participedes nas sesións, xa que se tratan temas de gran actualidade. (APRAZADO)

Continuar lendo