Novas

Xornada Virtual Portas Abertas

O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta xornada da EEI A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. Nestes momentos tan complexos nos que nos atopamos, o sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade. Este ano, …

Continuar lendo

Erasmus-prácticas 2020/21

Aberto prazo presentación solicitudes Está publicada a convocatoria Erasmus-prácticas para realizar estadías no curso 20-21 en empresas, universidades, centros de investigación e outras institucións da Unión Europea e países acollidos ao programa Erasmus+. A duración mínima da estadía é de 2 meses e esta poderá iniciarse a partir do 15/10/2020. A data límite de presentación de solicitudes é o 27 de xullo de 2020. Documentos e enlaces Máis información sobre a convocatoria

Continuar lendo

Eleccións Xunta Escola

Proclamación de candidaturas Pasados os prazos establecidos, e de acordo ao aprobado na sesión da Xunta Electoral da EEI do pasado venres 3 de xullo, as candidaturas definitivas pasan a ser membros electos da Xunta de Escola da EEI polos correspondentes sectores. Lembramos aos membros electos que non pertenzan actualmente á Xunta de Escola, contacten coa dirección do centro (eei.secretario@uvigo.es) para seren engadidos ao listado de distribución da devandita Xunta. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións Xunta Escola.

Continuar lendo

Mestrados EEI – Listaxes preinscripción curso 2020/21

Listaxes provisionais admitidos e excluídos 1º prazo Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nos mestrados da EEI do primeiro prazo de matrícula para o curso 2020/2021. Podes consultalas na seguinte ligazón: Listaxes alumnado preinscrito mestrados. Lembra que o período de reclamacións estará aberto dende o 10 ata o 14 de xullo de 2020. A listaxe definitiva farase pública o 20 de xullo. Do 26 de agosto ao 1 de setembro de 2020 terás unha nova oportunidade para realizar a preinscripción nos mestrados do teu interese. Documentos e enlaces Listaxes provisionais preinscripción 1º prazo Mestrados

Continuar lendo

Eleccións Xunta Escola

Proclamación definitiva candidaturas Xa están publicadas as listaxes definitivas de candidaturas á Xunta da Escola. Poden consultarse aquí. Ábrese un prazo ata o vindeiro venres día 10 de xullo ás 12:00 horas, para recibir calquera reclamación ao respecto, mediante un email a eei.secretario@uvigo.es

Continuar lendo

Mestrado en Enxeñería Industrial 2020/21

O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009. Esta é unha profesión apaixonante, con un longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena. As empresas están a demandar cada vez máis este perfil pola súa ampla formación e a súa capacidade para a resolución de problemas. Este programa ofrece a posibilidade de facer o Traballo Fin de Mestrado nunha empresa. Ademáis, o Mestrado da Escola de Enxeñería Industrial está acreditado pola prestixiosa Axencia ABET de referencia nos programas de Enxeñería e Tecnoloxía. Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar …

Continuar lendo

Curso Adaptación ao Grao 2020/21: Listaxe definitiva admitidos matrícula

No curso 2020/2021 a docencia seguirá a ser de tipo semipresencial e soamente haberá grupos de docencia de prácticas con horarios compatibles coa actividade profesional. Achégase a listaxe definitiva das persoas admitidas para realizar a matrícula. O prazo de matrícula é do 31 de agosto ao 15 de setembro de 2020. Podes consultar os distintos prazos de matrícula para o próximo curso 2020/2021 en curso adaptación. Documentos e enlaces Listaxe provisional solicitudes admitidas a trámite Listaxe definitiva solicitudes admitidas a trámite Listaxe provisional persoas admitidas para matricularse Resolución curso adaptación listaxe provisional matrícula Listaxe definitiva persoas admitidas para matricularse Resolución …

Continuar lendo

Acreditación EUR-ACE

A Escola de Enxeñería Industrial, no marco do seu Plan Estratéxico e en busca da excelencia nas súas titulacións, acada os selos de calidade EUR-ACE nas seguintes titulacións de grao: Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Grao en Enxeñería Mecánica. Esta distinción súmase ao selo internacional ABET outorgado á súa titulación de Mestrado en Enxeñería Industrial.

Continuar lendo

Probas finais de avaliación

Últimas novidades sobre as datas das probas finais A Comisión Permanente da EEI acordou na súa sesión extraordinaria do 20 de abril, a consecuencia da suspensión das actividades presenciais polo estado de alarma sanitaria, o atraso das probas de avaliación finais en dúas semanas. Deste xeito, os exames do segundo cuadrimestre comezarán o 25 de maio e as probas da convocatoria de xullo comezarán o 29 de xuño, desprazándose en dúas semanas en relación á data orixinal. O calendario académico modificado podes consultalo na seguinte ligazón: planificación académica.

Continuar lendo