En cumprimento da normativa vixente na Universidade de Vigo, as comisións xuzgadoras das Teses de Doutoramento deben ser propostas pola Comisión Académica correspondente ao Programa de Doutoramento en que esté matriculado o alumno para ser admitidas a trámite.
En consecuencia, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento Universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria pola Universidade de Vigo, establece as seguintes condicións para poder ser membro dunha comisión xuzgadora dunha Tese de Doutoramento:
- Profesores doutores de universidade que teñan recoñecido ao menos un tramo de investigación (sexenio)
- Profesores doutores de universidades estranxeiras que acrediten unha traxectoria investigadora ao menos equivalente á necesaria para a obtención dun tramo de investigación (sexenio) en España
- Doutores con recoñecida traxectoria investigadora, pertencentes a outros centros de investigación (públicos ou privados), centros tecnolóxicos ou empresas (sexan nacionais ou estranxeiras), que acrediten unha traxectoria investigadora a o menos equivalente á necesaria para a obtención dun tramo de investigación (sexenio) en España.