Establécense as seguintes normas para o desenvolvemento da Tese de Doutoramento:
- A Comisión Académica deste programa de doutoramento velará polo correcto desenvolvemento dos Plans de Investigación de Teses de Doutoramento aprobados pola mesma.
- O alumno someterá anualmente á Comisión Académica un informe anual da actividade desenvolvida no curso académico precedente, no que comentará o grao de cumprimento do plan de traballo e formación previamente establecido e recollido no Documento de Actividades do alumno. Este informe incluirá, ademais, un plan de actividades futuras (tanto no que se refire a investigación, como formación e mobilidade). O informe deberá ter o visto bo do/s director/es da Tese de Doutoramento.
- A Comisión Académica avaliará os informes anuais de actividade e propoñerá as modificacións que estime oportunas para o adecuado desenvolvemento da Tese de Doutoramento no marco temporal establecido pola normativa en vigor. A decisión será comunicada ao alumno así como ao director ou directores da mesma para que, de ser preciso, adopten as medidas oportunas para o cumprimento.