Directores

No prazo máximo de tres meses contados dende a súa matriculación, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento asignará a cada alumno un Director de Tese.

O Director da Tese será o máximo responsable das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da Tese e de ser o guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, a outros proxectos e actividades onde se inscriba o alumno.

Poderá ser Director da Tese calquera doutor español ou estranxeiro, con experiencia investigadora acreditada, con independencia da universidade, centro ou institución na que preste os seus servizos. De forma adicional, o Director da Tese de Doutoramento, deberá acreditar unha traxectoria investigadora, ao menos, equivalente á necesaria para a obtención dun tramo de investigación (sexenio) en España.

No caso de un profesor do Programa de Doutoramento cumpra os requisitos para ser Director e Titor, asumirá as dúas funcións, de ser o caso.

No caso de que o Director non teña vinculación permanente coa Universidade ou entidade colaboradora do Programa ou non sexa profesor do programa, o programa asignará ao alumno un Titor que cumpra os requisitos establecidos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade.

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento, poderá modificar o nomeamento do Director da Tese en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.

A Tese poderá ser codirixida cando concorran razóns de índole académico ou cando a interdisciplinariedade temática ou os programas desenvolvidos en colaboración nacional ou internacional así o xustifiquen. En todo caso a codirección deberá ser previamente autorizada pola Comisión Académica. Os codirectores da Tese deberán cumprir os mesmos requisitos que os establecidos para os Directores no presente regulamento.

Co obxecto de promover a dirección de Teses de Doutoramento, a Comisión Académica organizará unha xuntanza inicial entre os alumnos do programa e o profesorado do mesmo, de tal modo que os profesores dos diferentes grupos de investigación den a coñecer aos alumnos as súas liñas de investigación. Tras esta xuntanza inicial, os alumnos poderán propoñer á Comisión Académica un titor en función dos seus intereses particulares de investigación.

Por outra banda, e coa finalidade de fomentar a inclusión de investigadores noveles, a Comisión Académica propoñerá ao investigador experimentado a posibilidade de incluír a un investigador novel como codirector.