Unha das características principais das titulacións do ámbito da enxeñería é o seu carácter experimental. Isto fai que o papel das infraestructruras sexa de gran importanciano desenvolvemento das actividades. Durante os últimos anos a Escola de Enxeñería Industrial realizou grandes inversións nas dotacións das aulas, tanto docentes como informáticas, e tamén nos laboratorios, tanto da área científica como tecnolóxica, dispoñendo dun equipamento moderno acorde coas esixencias actuais.
A Escola de Enxeñería Industrial conta con máis de 550 postos informáticos nas aulas, ademáis de dous servidores e un aula virtual para un total de 50 usuarios ou sesións.
Ademáis das instalacións da Escola (ver detalle aquí), existen laboratorios de investigación nas seguintes liñas:
- Novos materiais
- Tecnoloxía Enerxética
- Enxeñería de corrosión e materiais
- Aplicacións industriais dos láseres
- Enerxía solar e refrixeración
- Enxeñería mecánica e automoción
- Electrotecnia e redes eléctricas
- Deseño industrial
- Enxeñería química, enerxética e ambiental
- Metroloxía óptica
- Enxeñería de sistemas e automática
- Deseño e automatización de sistemas avanzados
- Tecnoloxía electrónica de potencia
- Control non lineal
- Enxeñería dos procesos de fabricación
- Robótica e sistemas intelixentes
- Deseño microelectrónico
- Mecánica de fluídos computacional