- Con carácter xeral, para acceder a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster, ou equivalente, sempre que se superen polo menos 300 créditos no conxunto destas dúas ensinanzas.
- Así mesmo, poderán acceder aqueles que se atopen nalgún dos seguintes supostos establecidos no apartado 2 do artigo 6 do Real decreto 576/2023, do 4 de xullo:
- Estar en posesión de títulos universitarios oficiais españois ou títulos españois equivalentes sempre que en todas estas ensinanzas se obtivesen polo menos 300 créditos ECTS e acrediten o nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior.
- Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros pertencente ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), sen necesidade de homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións sempre que o dito título dea dereito ao acceso ao doutoramento. estudos no país de emisión. Esta admisión non suporá, en ningún caso, a homologación do título anterior en posesión do interesado nin o seu recoñecemento para fins distintos do acceso ás ensinanzas de doutoramento.
- Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros fóra do EEES, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola universidade de que acredita un nivel de formación equivalente ao do máster universitario oficial español e que autoriza no país de expedición do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non suporá, en ningún caso, a homologación do título anterior en posesión do interesado nin o seu recoñecemento para fins distintos do acceso ás ensinanzas de doutoramento.
- Estar en posesión doutro título de doutor.
- Titulados universitarios que, tras a obtención da praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, teñan superado con avaliación positiva polo menos dous anos de formación nun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades de Ciencias da Saúde.Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme a normativa universitaria anterior poderán acceder aos estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011, previa admisión conforme o disposto no Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo. En todo caso, deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso aos estudos de doutoramento regulados polo RD 99/2011.
- Poderán acceder aos estudos de doutoramento: os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que estean en posesión do Diploma de Estudos Avanzados obtido segundo o establecido no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou que teñan acadado a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.
- Poderán acceder aos estudos de doutoramento: os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que estean en posesión do título oficial de máster segundo o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superado 60 ECTS de estudos oficiais de máster.
- Tamén poderán acceder aos estudos de doutoramento: os titulados, Enxeñeiros Técnicos ou Arquitectos Técnicos que acrediten ter superados 300 créditos ECTS no conxunto dos estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 sexan de nivel de Máster Universitario.