Listaxes provisionais admitidos e excluídos 1º prazo Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos nos mestrados da EEI do primeiro prazo de matrícula para o curso 2020/2021. Podes consultalas na seguinte ligazón: Listaxes alumnado preinscrito mestrados. Lembra que o período de reclamacións estará aberto dende o 10 ata o 14 de xullo de 2020. A listaxe definitiva farase pública o 20 de xullo. Do 26 de agosto ao 1 de setembro de 2020 terás unha nova oportunidade para realizar a preinscripción nos mestrados do teu interese. Documentos e enlaces Listaxes provisionais preinscripción 1º prazo Mestrados
Novas
Eleccións Xunta Escola
Proclamación definitiva candidaturas Xa están publicadas as listaxes definitivas de candidaturas á Xunta da Escola. Poden consultarse aquí. Ábrese un prazo ata o vindeiro venres día 10 de xullo ás 12:00 horas, para recibir calquera reclamación ao respecto, mediante un email a eei.secretario@uvigo.es
Mestrado en Enxeñería Industrial 2020/21
O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009. Esta é unha profesión apaixonante, con un longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena. As empresas están a demandar cada vez máis este perfil pola súa ampla formación e a súa capacidade para a resolución de problemas. Este programa ofrece a posibilidade de facer o Traballo Fin de Mestrado nunha empresa. Ademáis, o Mestrado da Escola de Enxeñería Industrial está acreditado pola prestixiosa Axencia ABET de referencia nos programas de Enxeñería e Tecnoloxía. Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar …
Reaunudación procesos electorais
Unha vez rematado o Estado de alarma e as súas prórrogas, retómanse os prazos do proceso electoral a membros de Xunta de Escola. Máis información en Eleccións Xunta Escola 2020.
Curso Adaptación ao Grao 2020/21: Listaxe definitiva admitidos matrícula
No curso 2020/2021 a docencia seguirá a ser de tipo semipresencial e soamente haberá grupos de docencia de prácticas con horarios compatibles coa actividade profesional. Achégase a listaxe definitiva das persoas admitidas para realizar a matrícula. O prazo de matrícula é do 31 de agosto ao 15 de setembro de 2020. Podes consultar os distintos prazos de matrícula para o próximo curso 2020/2021 en curso adaptación. Documentos e enlaces Listaxe provisional solicitudes admitidas a trámite Listaxe definitiva solicitudes admitidas a trámite Listaxe provisional persoas admitidas para matricularse Resolución curso adaptación listaxe provisional matrícula Listaxe definitiva persoas admitidas para matricularse Resolución …
Acreditación EUR-ACE
A Escola de Enxeñería Industrial, no marco do seu Plan Estratéxico e en busca da excelencia nas súas titulacións, acada os selos de calidade EUR-ACE nas seguintes titulacións de grao: Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Grao en Enxeñería Mecánica. Esta distinción súmase ao selo internacional ABET outorgado á súa titulación de Mestrado en Enxeñería Industrial.
Probas finais de avaliación
Últimas novidades sobre as datas das probas finais A Comisión Permanente da EEI acordou na súa sesión extraordinaria do 20 de abril, a consecuencia da suspensión das actividades presenciais polo estado de alarma sanitaria, o atraso das probas de avaliación finais en dúas semanas. Deste xeito, os exames do segundo cuadrimestre comezarán o 25 de maio e as probas da convocatoria de xullo comezarán o 29 de xuño, desprazándose en dúas semanas en relación á data orixinal. O calendario académico modificado podes consultalo na seguinte ligazón: planificación académica.
Programa Avenir
Publicada a convocatoria 2020/21
Xornada de Orientación Universitaria
Os días 13 e 14 de maio de 2020 celebrarase unha Xornada de Orientación Universitaria virtual a través do Campus Remoto. A xornada do 13 maio desenvolverase pola tarde e vai dirixida a alumnado de bacharelato e últimos cursos de ESO. Ofrecerase información sobre a ABAU, o proceso de preinscrición e matrícula, a oferta formativa e os servizos da Universidade de Vigo. Para a xornada do día 14 de maio, están previstas sesións distribuídas por ámbito de coñecemento: Artes e Humanidades, ámbito Xurídico Social, Ciencias da Saúde, ámbito da Enxeñaría e Arquitectura.
Guías de axuda online
Co obxecto de mitigar o efecto da situación creada pola alerta sanitaria informámosche que, dentro do convenio da Escola con CIMWORKS, púxose en marcha unha iniciativa para facilitar o uso de SOLIDWORKS Educacional desde casa. Para iso, CIMWORKS pon a disposición unhas Guías de axuda online nas que se detallan todos os recursos dispoñibles (descargas de SOLIDWORKS, portal de contidos formativos online MySolidWorks, Blogues, Canle Youtube). Hai unha Guía para os Docentes e outra para os Estudantes: Guía SOLIDWORKS para Docentes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-docente/ Guía SOLIDWORKS para Estudantes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-estudiante/ Para o acceso a estes recursos é necesario utilizar os números de licenza correspondentes á Universidade de Vigo. Para obter os códigos debes poñerche en …