Competición de Robots da EEI 2025

Celebra con nós o X Aniversario!     O vindeiro venres 25 de abril terá lugar a 8ª Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:30 horas.   Queremos que sexa unha edición moi especial, na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comuninidade e vivir unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos e na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.   Unha oportunidade para pór a proba o voso …

Continuar lendo

Charla coloquio Mestrado en Enxeñería da Automoción – D. Luis Moreno (CTAG)

  O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro das CHIA, unha serie de charlas-coloquio nas que se aborda temática de actualidade relacionada co sector da automoción, contando coa participación de persoas de relevancia no sector.   Nesta ocasión teremos o pracer de contar coa participación do Director Xeral do CTAG, D. Luis Moreno que nos falará dun tema tan importante e de actualidade coma o vehículo eléctrico, as súas vantaxes, inconvenientes, perspectivas de futuro… Vehículo eléctrico, si, ou non?   A charla terá lugar o próximo venres 14 de marzo a partir das 16:00 horas na …

Continuar lendo

Acto académico de celebración do patrón da EEI 2025

      O xoves 20 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial.   Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 17 de marzo a través do QR ou na ligazón:   https://forms.gle/ecM3zugjRP26U7T4A     Consulta o programa completo do acto académico do patrón da EEI.    

Continuar lendo

Actos delegación alumnado celebración patrón EEI

Dende o 10 de marzo celebraranse diferentes torneos e actividades.       Con motivo da celebración do Patrón da Escola de Enxeñería Industrial, a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) vai desenvolver un amplo programa de actividades moi diversas. Haberá torneos de triples de baloncesto, futbolín, xadrez, league of leguends, Mario Kart e moito máis.   Os prazos para inscribirse aos distintos torneos finalizan entre o 5 e o 9 de marzo.   Para máis información, podes contactar coa delegación de alumnado, delegacion@dai.uvigo.gal.   Anímate e participa!

Continuar lendo

XORNADA Elas Fan CienTec 2025

Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.     Esta xornada está enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. É unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e ás alumnas o que se fai na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Unha actividade divulgativa esencial para dar visibilidade ao traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da institución e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.   O programa previsto para esta xornada é o seguinte:   9:30 – 9:45 horas: Benvida por parte da …

Continuar lendo

I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025

Do 07 ao 14 de febreiro de 2025 terán luga na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), as I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025    O programa inclúe os seguintes relatorios:   Venres 7 de febreiro 11:00 a 12:00 horas: Charla FabRX – “Driving innovation in research with 3D printing” (Salón de actos). Adrián Campos. 12:30 a 13:30 horas: Charla KUNE Implants – “Implantes personalizados: da planificación dixital á realidade cirúrxica” (Salón de actos). Iago González Fernández e Fátima Sendín. 15:00 – 17:00 horas: Obradoiro Beta Implants – “Principios biomecánicos en osteosíntese (Aula 0). Lorena Rodríguez, Elia Fernández, Claudia …

Continuar lendo

Acto apertura JAI’2025

O luns 10 de febreiro comezan as JAI’2025, a X Edición destas “Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial”.    Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.   Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas.   Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, …

Continuar lendo

Seminario: Enxeñería Forense – Resolución de conflitos en proxectos globais

Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.       O xoves 21 de novembro de 2024, de 15:30 a 17:00 horas, terá lugar este seminario que ten como obxectivo introducir ao alumnado no eido da enxeñería forense, así coma en dar a coñecer as posibilidades e ofertas laborais desta disciplina en KPMG Asesores.   Con este obradoiro terás a posibilidade de descubrir a enxeñería forense e coma os coñecementos técnicos e o control de proxectos son chave para resolver proxectos en construción e infraestruturas a nivel internacional.   O seminario será impartido por D. Carlos Seoane Dopazo …

Continuar lendo

Xornada presentación programa STEMbach – EEI bienio 2024/2026

Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.       O mércores 20 de novembro de 2024 terá lugar a xornada de presentación dos proxectos STEMbach do bienio 2024-2026.   STEMbach é un Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía creado ao amparo da Estratexia Galega de Educación Dixital EDUDixital 2020 da Xunta de Galicia.   Ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias chave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemática), sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e …

Continuar lendo

AER Automation celebra a súa 6º Summit Anual en Vigo

Terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.      A Asociación Española de Robótica e Automatización (AER Automation) organiza este evento que será un espazo clave para o diálogo e a innovación no sector da robótica e a automatización, así como unha toma de contacto imprescindible co mundo académico.   O encontro contará coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e do Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández.   Como convidada especial, asistirá a Dra. …

Continuar lendo