Acto apertura JAI’2025

O luns 10 de febreiro comezan as JAI’2025, a X Edición destas “Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial”.
  

Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.

 
Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas.

 
Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, e unha grande exposición de robótica, que se celebrará na entrada da Escola de Enxeñería Industrial, onde os asistentes poderán interactuar coas solucións más innovadoras e explorar casos de éxito reais.

 
Podes consultar máis información na web das JAI.

 
Esperámosvos na UVigo do 10 ao 14 de febreiro!