Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo. Esta xornada está enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. É unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e ás alumnas o que se fai na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Unha actividade divulgativa esencial para dar visibilidade ao traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da institución e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas. O programa previsto para esta xornada é o seguinte: 9:30 – 9:45 horas: Benvida por parte da …
Continuar lendo
Do 07 ao 14 de febreiro de 2025 terán luga na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), as I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025 O programa inclúe os seguintes relatorios: Venres 7 de febreiro 11:00 a 12:00 horas: Charla FabRX – “Driving innovation in research with 3D printing” (Salón de actos). Adrián Campos. 12:30 a 13:30 horas: Charla KUNE Implants – “Implantes personalizados: da planificación dixital á realidade cirúrxica” (Salón de actos). Iago González Fernández e Fátima Sendín. 15:00 – 17:00 horas: Obradoiro Beta Implants – “Principios biomecánicos en osteosíntese (Aula 0). Lorena Rodríguez, Elia Fernández, Claudia …
Continuar lendo
O luns 10 de febreiro comezan as JAI’2025, a X Edición destas “Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial”. Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas. Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, …
Continuar lendo
Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O xoves 21 de novembro de 2024, de 15:30 a 17:00 horas, terá lugar este seminario que ten como obxectivo introducir ao alumnado no eido da enxeñería forense, así coma en dar a coñecer as posibilidades e ofertas laborais desta disciplina en KPMG Asesores. Con este obradoiro terás a posibilidade de descubrir a enxeñería forense e coma os coñecementos técnicos e o control de proxectos son chave para resolver proxectos en construción e infraestruturas a nivel internacional. O seminario será impartido por D. Carlos Seoane Dopazo …
Continuar lendo
Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O mércores 20 de novembro de 2024 terá lugar a xornada de presentación dos proxectos STEMbach do bienio 2024-2026. STEMbach é un Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía creado ao amparo da Estratexia Galega de Educación Dixital EDUDixital 2020 da Xunta de Galicia. Ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias chave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemática), sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e …
Continuar lendo
Terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. A Asociación Española de Robótica e Automatización (AER Automation) organiza este evento que será un espazo clave para o diálogo e a innovación no sector da robótica e a automatización, así como unha toma de contacto imprescindible co mundo académico. O encontro contará coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e do Delegado Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández. Como convidada especial, asistirá a Dra. …
Continuar lendo
Tes unha cita con Edugal do 09 ao 11 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira. Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional. …
Continuar lendo
Non che perdas esta oportunidade! O próximo venres 27 de setembro de 2024 celebrarase unha nova edición da G-Night, A noite galega das persoas investigadoras. Con este evento, que celebra a súa IV Edición, preténdese a divulgación científica, achegar a ciencia e a investigación á cidadanía, poñendo en valor a importancia das súas achegas para o avance social. Haberá un programa cheo de actividades no que a EEI non podía faltar. Investigadores e profesores da EEI estarán no Edificio Redeiras de Vigo de 17:45 a 22:00 horas co obradoiro “Da teoría á práctica: aplicacións reais da enxeñaría …
Continuar lendo
Alumnado de Mestrados Enxeñería Industrial, Biomédica e Fabricación Aditiva O programa previsto é o seguinte: SEDE CAMPUS (Salón de Actos) 12:30 – 12:40 horas – Benvida do director da EEI. 12:40 – 12:50 horas – Consellos para situacións de emerxencia – Técnico de PRL. 12:50 – 13:30 horas – Planificación e Organización Docente. TFM en Empresa. Programas de Mobilidade. 13:30 – 14:00 horas – Presentación do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia – Pablo Pérez – Director de Xestión do ICOIIG. Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro …
Continuar lendo
Alumnado de continuación de estudos (2º, 3º, 4º e 5º curso de graos/PCEOS) O programa previsto é o seguinte: SEDE CAMPUS (Salón de Actos) Benvida ao acto de acollida. Planificación académica. Mobilidade. Prácticas en empresa. Asociacións de estudantes. Consellos de prevención. Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes asistir a calquera das dúas sesións indepentemente do grao no que esteas matriculado. Podes consultar máis información en xornadas de acollida. Documentos e enlaces Manual de acollida
Continuar lendo