Congreso EGRWSE 2025

Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.
 

A vindeira semana terá lugar o congreso EGRWSE 2025, que se celebrará os días 12 e 13 de xuño, de 9:00 a 17:30 horas na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.

 

O Congreso EGRWSE consiste nunha serie de conferencias de prestixio internacional que se celebra dende 2018 en destacadas institucións de investigación de todo o mundo, poñendo o foco en investigacións innovadoras sobre xeotecnia ambiental, enxeñería sostible e uso de materiais reciclados en infraestruturas. Tamén abarca tecnoloxías modernas para a construción sostible, enerxías renovables e enxeñería ambiental.

 
Nesta edición de 2025 abordaranse os retos globais actuais, coma o cambio climático, e centrarase na enxeñería sostible en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

 

Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse a temas de actualidade relacionados coa tecnoloxía ambiental, a enxeñaría sostible e a resiliencia.

 
Ademais, o congreso ofrecerá oportunidades de interacción con profesorado, investigadores e estudantes doutras escolas de enxeñaría de diferentes partes do mundo, favorecendo así o intercambio de coñecementos e experiencias nun contexto internacional.
 

Todo o alumnado interesado está convidado a asistir ás sesións programadas. Non deixes pasar esta oportunidade!

 
Podes consultar máis información na páxina web do congreso.