Buscadores

Esta páxina é unha recopilación -a título informativo- de buscadores de prácticas e ofertas de estadías prácticas no estranxeiro que poden resultar do voso interese. Nótese que non se trata de convocatorias propias da Escola ou da UVigo. As prácticas e programas recollidos nas ligazóns seguintes dependen exclusivamente da institución que os oferta, que é tamén a que establece os seus propios prazos e procedementos para a tramitación de solicitudes. Sen embargo, é posible que en moitos casos a práctica deba realizarse ao abeiro do programa Erasmus-internships (Erasmus-prácticas) que, ademais de aportar financiamento para o estudante ou recén titulado, proporcione …

Continuar lendo

Programa Erasmus Prácticas

O Programa Erasmus-Internships (Erasmus Prácticas) permite realizar estadías prácticas en empresas e institucións da Unión Europea, incluídas universidades. Ao abeiro deste programa podes realizar prácticas extracurriculares en empresas no estranxeiro. Tamén podes facer unha estadía nos laboratorios doutra universidade europea para levar a cabo un traballo práctico que che sirva para o TFG / TFM. Consulta a lista de destinos que se actualizará anualmente. A duración mínima da mobilidade é de 2 meses pero poden realizarse estadías por períodos superiores. Cada estudante pode participar no programa Erasmus+ (estudos e/ou prácticas) durante un período máximo de 12 meses por ciclo de …

Continuar lendo

Programa Vulcanus

Programa Vulcanus Este programa consiste na realización de prácticas industriais no Xapón. Comeza en setembro e remata en agosto do ano seguinte para axustarse ó ano académico nos estados menbros da UE. Os estudantes realizan: un semniario dunha semana no Xapón un curso intensivo de xaponés cunha duración de 4 meses prácticas nunha empresa xaponesa durante 8 meses   Documentos e enlaces Máis información sobre o programa Vulcanus  

Continuar lendo

Programa SaarIng

Programa SaarIng O Programa SaarIng da Universidade HTW Saar ofrece bolsas a recén titulados que queiran iniciar unha carreira profesional en Alemaña. O programa ten unha duración de 11 meses e inclúe: curso de idioma prácticas profesionais relacionadas cos seus estudos salario mensual entorno ós 1000 € En toda a duración do programa, os alumnos estarán titorizados por profesores da Universidade de HTW Saar.   Documentos e enlaces Programa SaarIng para titulados Páxina web do programa SaarIng Facebook programa SaarIng  

Continuar lendo

Convenios Internacionais

Nesta sección enuméranse algúns dos acordos de mobilidade que dispón a Escola de Enxeñería Industrial para os nosos estudantes (tanto no marco do programa Erasmus, como fora del). Austria Fachhochschule Technikum Wien Technische Universität Wien Belgium Vrije Universiteit Brussel Université Libre de Bruxelles Universiteit Gent Université de Liege Université de Mons Brasil Universidade Federal de Santa Catarina – UFSC Universidade Federal de Sao Carlos Pontificia Universidade Católica do Río de Janeiro Bulgaria Technical University of Sofia University of Chemical Technology and Metallurgy Sofia (UCTM) Chile Universidad Técnica Federico Santa María China City University of Hong Kong South Korea Kyung Hee …

Continuar lendo

Programas para Docentes

O persoal docente da Universidade de Vigo dispón dunha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade. Ademais da existencia de programas que teñen como destino a Unión Europea, Estados Unidos ou Canadá, o persoal docente da Universidade de Vigo pode participar en accións de cooperación interuniversitaria ou no programa Jean Monet, destinado ao desenvolvemento no mundo universitario de actividades académicas relacionadas coa integración europea, o estudo da construción da Europa comunitaria, e o seu desenvolvemento institucional, político, económico e social. Documentos e enlaces Máis información sobre os Programas para Docentes

Continuar lendo

Programa SICUE

A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española. Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un semestre ou un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica Valencia, Universidade Politécnica de Cataluña, Sevilla, Zaragoza ou Málaga, entre outras. A Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias nas seguintes universidades: Listado Centros SICUE Documentos e enlaces Máis información sobre o Programa SICUE

Continuar lendo

Estudantes de mobilidade ao Estranxeiro

Os destinos dos estudantes de mobilidade ao estranxeiro son moi diversos, tanto a distintos países europeos coma asiáticos, americanos ou a Australia. Para solicitar a mobilidade, o alumno deberá solicitar o programa (ver programas de mobilidade) e, unha vez elixido coma alumno de mobilidade, habilitaráselle un contrato de estudos (Learning Agreement) na secretaría virtual que deberá cubrir e que despois será aceptado pola subdirección de exteriores. Para iso, o alumno debe levar o seu expediente académico (que non é preciso que sexa oficial) no que se mostre un resumo co número de créditos superados e pendentes. Así, a subdirectora de …

Continuar lendo

Programa Erasmus-Estudos

O programa Erasmus-Estudos permite que os alumnos da EEI poidan cursar unha parte dos seus estudos noutras universidades europeas coas que a Universidade de Vigo asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes. Os alumnos de último curso da súa titulación poden optar a esta bolsa para cursar un semestre da súa especialidade en mobilidade. Estes alumnos deben facer a solicitude o ano anterior a aquel en que se levará a cabo a mobilidade. Para os estudantes de Grao a mobilidade Erasmus-Estudos realizarase preferentemente no segundo cuadrimestre de 4º curso. Para os estudantes do Mestrado de Enxeñería Industrial que cursan unha …

Continuar lendo