Programas para Estudantes Os alumnos das titulacións ofertadas na Escola de Enxeñería Industrial poden cursar parte dos seus estudos tanto en Universidades estranxeiras como en Universidades españolas. Programas de Mobilidade Nacional Programa SICUE Programas de Mobilidade Internacional Erasmus – Estudos Libre Mobilidade ISEP Bolsas Propias GE4 Bolsas Banco Santander Erasmus Prácticas Programa Vulcanus Programas para Titulados Brainport traineeships – Eindhoven Programa SaarIng Rolls Royce Graduate Program Programas para Docentes e Investigadores O persoal docente da Universidade de Vigo ten ao seu dispor unha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade. Programas …
Categoría: Internacional
Libre Mobilidade
A libre mobilidade é unha estadía académica temporal nunha institución de educación superior estranxeira para efectuaren estudos relacionados cunha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen o requisito da concesión dunha praza de mobilidade ao abeiro dos programas, acordos ou convenios subscritos pola Universidade de Vigo. Para solicitar o estatus de estudante de libre mobilidade, o alumno deberá cumprir os seguintes requisitos: Estar matriculado na Universidade de Vigo en estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento no momento da solicitude e durante a realización da estadía No caso de ser estudante de grao, ter polo menos 60 créditos ECTS superados …
Estudantes de mobilidade en España
Os alumnos de Grao da EEI poden realizar unha estadía noutras universidades españolas ao abeiro do programa SICUE. Tras o proceso de selección, a cada alumno que lle sexa asignada unha praza habilitaráselle un cordo académico na súa Secretaría Virtual. O alumno deberá cubrir este documento, que deberá ser aprobado pola Subdirección de Exteriores da Escola. Unha vez aceptado, este documento deberá imprimirse por triplicado e ser asinado polo alumno, a Subdirectora de Exteriores e o Director da Escola. Listado de Centros SICUE
Programa ISEP
O Programa ISEP (International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten por obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes dos últimos anos e de posgrao. Grazas a este programa, en que participan só sete universidades españolas, o custo do desenvolvemento dun cuadrimestre ou dun ano académico completo nos EEUU queda reducido a preto dunha décima parte. A través do ISEP, o alumnado da Universidade de Vigo pode realizar nunha universidade americana un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro ou xaneiro-maio), e elixir entre máis de 150 universidades estadounidenses e …
Estudantes estranxeiros
Oficina de Relacións Internacionais (ORI) A Universidade de Vigo conta cunha Oficina de Relacións Internacionais (ORI) que centraliza, coordina e xestiona as actividades de cooperación internacional no seo da Universidade de Vigo. Entre as súas actividades e con respecto aos estudantes estranxeiros, xestiona a aceptación dos que participan nun programa de intercambio, elabora a Guía do estudante estranxeiro e envía os paquetes informativos sobre a Universidade de Vigo, con información sobre os diferentes campus e cidades, recepción, visados, viaxe, busca de aloxamento, matrícula e posibilidades de estudos, en colaboración cos responsables de relacións internacionais. Cursos de Idiomas A Universidade …
Programa Bolsas Propias
A Universidade de Vigo convoca anualmente bolsas propias destinadas a estudantes que desexen cursar estudos en diferentes Universidades non Europeas. A bolsa financia estadías dun semestre nas institucións de destino, entre as que se inclúen Universidades de países como: Arxentina Brasil Chile China Xapón México Uruguai Documentos e enlaces Presentación Programas Mobilidade 2014 Máis información sobre as Bolsas Propias
Estudantes do resto de España
A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española, con garantías de recoñecemento académico. Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica de Madrid, Universidade Politécnica de Cataluña, Valladolid e Valencia entre outras. Para o curso 2013/2014, a Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias de curso completo nas seguintes universidades (ver documentos e enlaces: Listado centros SICUE – EEI). Así mesmo, os listados das materias …
Programa GE4
O Programa GE4 foi creado por unha asociación privada en 1996 co apoio da industria e as institucións académicas, coa intención de facilitar a mobilidade de enxeñeiros e empresarios no mundo. A Universidade de Vigo participa no programa de intercambio GE4 para escolas de Enxeñería, dentro dun acordo entre ambas institucións. O GE4 (Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs) é unha asociación que ten como obxectivo promover os intercambios de excelencia entre estudantes e docentes no ámbito da enxeñería. Os intercambios efectúanse en réxime de reciprocidade coas distintas universidades que forman a rede GE4. Algúns destinos de Europa Mines …
Programa Summer School
Data Hora Tema Ponente 31 maio 14:30 Micro Grid Cooperative Distributed Energy Management and Battery SoC/SoH/FoF Estimation Dr. Mo-Yuen Chow (NCSU) 18:15 Embedded Systems for Intelligent Spaces Dr. Juan José Rodríguez Andina (UVigo) 1 xuño 14:30 Power Electronics and Controls for Renewable Energy Systems Dr. Iqbal Husain (NCSU) 18:15 Building Flexible Mobile Robot Applications Dr. Joaquín López Fernández (UVigo) 2 xuño 14:30 Reliable and Secure Communications in Smart Grids Dr. Wenye Wang (NCSU) 18:15 Laser Processing of Group-IV Semiconductors for Microelectronics and Photonics Dr. Stefano Chiussi (UVigo) 3 xuño 14:30 Modeling of Microfluidic Devices for Energy Harvesting …
Bolsas Banco Santander
Grazas ao convenio de colaboración da Universidade de Vigo e o Banco Santander, os estudantes poden gozar de dous tipos de bolsas banco Santander: Bolsas Fórmula Santander: destinadas a estudantes de grao e/ou posgrao de universidades españolas, brasileiras ou inglesas para ir a diversas universidades iberoamericanas. Bolsas Iberoamérica: para estudantes de grao que queiran cursar un semestre dos seus estudos nun país de América Latina. Documentos e enlaces Presentación Programas Mobilidade 2014 Máis información sobre as Bolsas Banco Santander




