Selección provisional Erasmus 2020/2021

Unha vez que a Oficina de Relacións Internacionais finalizou a admisión de estudantes para o programa Erasmus-estudos, a EEI publica a lista provisional de candidaturas seleccionadas e as universidades de destino asignadas.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións (ata o 10 de marzo de 2020). Poderá facerse a través de instancia normalizada en secretaría de alumnos.