Mobilidade

A CAPD preocúpase pola mobilidade dos estudantes de doutoramento. As súas actividades, relacionadas coa mobilidade, xestiónanse en colaboración cos órganos da Universidade de Vigo que coordinan, de forma centralizada, os programas de mobilidade. Neste sentido, existen mecanismos de xestión da mobilidade, tanto a nivel nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados no marco do Vicerreitorado con competencias en mobilidade. Máis información Bolsas de mobilidade para asistencia a congresos e estadías Consulta a convocatoria Programas de mobilidade internacional Consulta os programas Axudas de mobilidade do Plan de …

Continuar lendo

Perfil de egreso

Doutor pola Universidade de Vigo cunha formación avanzada, de carácter multidisciplinar, orientada a promover a investigación no campo das novas tecnoloxías e os procesos industriais. Trátase dun especialista e investigador práctico de alto nivel técnico e científico que aplica os métodos analíticos da enxeñería industrial, desenvolve investigación aplicada, e aplica a tecnoloxía para resolver problemas complexos, achegando novo coñecemento e solucións no campo das tecnoloxías avanzadas e os procesos industriais.

Continuar lendo

Saídas profesionais

Unha vez alcanzado o título de doutor/a pola Universidade de Vigo tes ao teu alcance oportunidades laborais acordes a este nivel de formación: Traballar nunha empresa privada ou centro tecnolóxico, dirixindo un grupo ou departamento de I+D+i. Acceder a un contrato postdoutoral, é dicir, traballar nun centro de investigación para ampliar a formación e especializarse nun tema concreto de investigación. Seguir unha carreira académica: Investigar e dar clases na universidade tanto pública como privada. Crear unha empresa a partir dos resultados da investigación realizada: spin off, empresa de base tecnolóxica, ou participar en proxectos de autoemprego. Programas postdoutorais Programa Juan …

Continuar lendo

Bolsas

O noso obxectivo é que ninguén quede excluído/a do ensino superior por razóns económicas. Atopa toda a información sobre as bolsas que poden axudarche a financiar os teus estudos de doutoramento e os trámites asociados na seguinte ligazón: https://novo.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas

Continuar lendo

Duración dos estudos e permanencia

O cómputo do tempo de permanencia nos estudos de doutoramento contarase desde a primeira matrícula no doutoramento ata a presentación da solicitude de depósito da tese. Permanencia máxima nos estudos de doutoramento No caso de matrícula a tempo completo, a duración máxima dos estudos será de 3 anos. No caso de matrícula a tempo parcial será de 5 anos. Cando o/a doutorando/a utilice ambas as dúas modalidades de matrícula, computarase para todos os efectos a duración dos estudos de doutoramento en termos de estudos a tempo completo, e considerarase que un ano de matrícula a tempo parcial equivale a 0,6 …

Continuar lendo

Complementos de formación

Naqueles casos nos que o estudante non cumpra algunha das condicións de admisión, a Comisión Académica poderá admitir ao estudante a condición de que cumpra os requisitos de acceso e a Comisión Académica considere que a súa formación é suficiente para afrontar con garantías de éxito a realización da Tese Doutoral. Nestes casos a Comisión Académica ( CAPD) poderá establecer a necesidade de superar complementos de formación durante o programa de doutoramento. Como competencias previas requiridas para a admisión ao programa e en función das cales a CAPD definirá os complementos de formación, se consideran as competencias básicas establecidas polo …

Continuar lendo

Grupos de investigación

Principais grupos de investigación que colaboran co Programa de Doutoramento en Investigación e Tecnoloxías Avanzadas na Industria: Applied Power Electronics Technology (APET) Jesús Doval GandoyURL: apetrg.webs.uvigo.esEmail: apetrg@uvigo.esLiñas: Electrónica de potencia. Enerxías renovables. Calidade da enerxía. Accionamentos eléctricos. Enerxía Eléctrica (en.e) José Cidrás PidreURL: grupo_ene.webs.uvigo.esEmail: grupo_ene@uvigo.esLiñas: Enerxías renovables: simulación e integración en redes eléctricas. Redes de enerxía eléctrica: planificación, análise, control e protección. Tecnoloxía eléctrica. Calidade de Subministración. Sistemas de eficiencia enerxética. Avaliación da eficiencia enerxética en instalacións. Termografía Infravermella de instalacións eléctricas. Aplicacións dos Láseres (LASERON) Juan M. Pou SarachoURL: laseron.webs.uvigo.esEmail: jpou@uvigo.esLiñas: Tratamento de superficies de biomateriais mediante láser. Produción …

Continuar lendo