III RESEARCH WRITING WORKSHOP 2022

É un pracer para nós anunciarvos a celebración do “III RESEARCH WRITING WORKSHOP 2022” organizado dentro do programa de doutoramento en “Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria”.

O workshop será impartido pola profesora Hilary Glasmann- Deal. A profesora Glasman- Deal pertence ao Centre for Academic English do Imperial College London. Ten máis de 20 anos de experiencia en ensinar como escribir artigos científicos a investigadores cuxa lingua materna non é o inglés. Imparte este tipo de seminarios por todo o mundo, polo que esta é unha oportunidade única para nós.

Para que o seminario sexa eficiente, o número de asistentes estará limitado a 20.

Terán prioridade os alumnos de doutoramento do programa “Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria”. Para inscribirse, enviade un correo electrónico a jpou@uvigo.es indicando datos persoais e programa de doutoramento no que se está rexistrado. Admisión por orde de recepción de solicitudes ata cubrir o límite de 20 prazas.

Información importante:

  • O workshop terá lugar o xoves 26 de maio de 2022.
  • Centro: Escola de Enxeñería Industrial (sede campus).
  • Local: Sala de xuntas ( a confirmar)
  • Horario: 9:30 a 17:00  horas (a confirmar).