1º prazo preinscrición Mestrados en Enxeñería Biomédica, Enxeñería Industrial e Fabricación Aditiva – curso 2025/26

Ábrese o primeiro prazo de preinscrición para o curso 2025/26. Dende o 24 de xuño e ata o 6 de xullo, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude para acceder a algún dos seguintes programas:

  • Mestrado en Enxeñería Industrial.
  • Mestrado en Enxeñería Biomédica.
  • Mestrado en Fabricación Aditiva. 

As listaxes provisorias de admitidos e excluídos publicaranse o 17 de xullo segundo o calendario de preinscrición e matrícula.

O  Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, unha profesión apaixonante, cun longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena.

Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, completando unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios, atendendo ás necesidades do mundo actual.

O Mestrado en Fabricación Aditiva é un  título conxunto presencial desenvolvido polas Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, incluído na Guía Galicia 2030 “Perfís Profesionais de Futuro e Novas Titulacións e Especialidades”, para dar resposta aos novos perfís profesionais. Especializado en tecnoloxías de impresión 3D cun enfoque práctico e aplicado.

A oferta de mestrados da EEI é unha opción competitiva, segura e prestixiosa, con titulacións deseñadas para estar na vangarda da enxeñería e colocarte nunha posición inmellorable para un desenvolvemento profesional de éxito.

Ademais, as nosas titulacións contan co recoñecemento e o apoio de axentes e actores chave da nosa contorna que recoñecen á EEI como xeradora dun coñecemento esencial e innovador para un desenvolvemento sostible da nosa sociedade. 

Elixas o que elixas, unha opción segura! Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!