Ábrese o primeiro prazo de preinscrición para o curso 2025/26. Dende o 24 de xuño e ata o 6 de xullo, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude para acceder a algún dos seguintes mestrados especialistas:
- Mestrado en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración.
- Mestrado en Enxeñería da Automoción.
- Mestrado en Mecatrónica.
- Mestrado en Prevención de Riscos Laborais.
As listaxes provisorias de admitidos e excluídos publicaranse o 17 de xullo segundo o calendario de preinscrición e matrícula.
Estes mestrados están interrelacionados co ámbito empresarial de Galicia, preparándote para os grandes desafíos en sectores claves da nosa economía.
Podes consultar toda a información destes títulos na seguinte ligazón, https://eei.uvigo.es/gl/estudos/mestrados/mestrados-especialistas/.
A oferta de mestrados da EEI son unha opción competitiva, segura e prestixiosa, con titulacións deseñadas para estar na vangarda da enxeñería e colocarte nunha posición inmellorable para un desenvolvemento profesional de éxito.
Ademais, as nosas titulacións contan co recoñecemento e o apoio de axentes e actores chave da nosa contorna que recoñecen á EEI coma xeradora dun coñecemento esencial e innovador para un desenvolvemento sostible da nosa sociedade.
Elixas o que elixas, unha opción segura! Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!




