Eleccións membros Comisión Permanente e Xunta Titulación EEI 2025

O luns 2 de xuño de 2025 deu comezo o proceso electoral para a elección dos membros da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación da EEI.

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de reclamacións ás candidaturas, proclámanse as candidaturas definitivas.

Dado que o número de candidaturas definitivas é menor ao número de postos en ambas comisións para os distintos sectores, a Xunta Electoral dará por concluído o proceso electoral co nomeamento dos candidatos como membros electos a data de 18 de xullo, sen necesidade de votación en Xunta de Centro.

Podes consultar toda a información do proceso electoral na seguinte ligazón: Eleccións Comisión Permanente e Xunta Titulación EEI 2025.