Xoves 2 de novembro ás 17:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus. Será impartida pola relatora Eva Cano, egresada da EEI, onde cursou Estudos en Enxeñería Eléctrica, e que se atopa actualmente traballando como Project Manager no CERN, onde leva 5 anos tras rematar os estudos na nosa Escola. Unha charla sobre as oportunidades nun centro de investigación de primeiro nivel. Coñece os proxectos e as oportunidades para o desenvolvemento dos/das enxeñeiros/as a través da experiencia dunha egresada da Escola. Unha gran oportunidade que pode ser do teu interese. Se queres participar, rexístrate …
Continuar lendo
Renovación da acreditación ABET do Mestrado en Enxeñería Industrial O Mestrado en Enxeñería Industrial da nosa Escola iniciou o procedemento para a renovación da acreditación ABET, que culminará neste mes de outubro coa visita que nos fará do 22 ao 24 unha representación desta organización. ABET é unha organización sen ánimo de lucro, formada por asociacións profesionais e técnicas, acreditadora de estudos universitarios no ámbito das ciencias aplicadas, a informática, a enxeñería e a tecnoloxía. Está considerada como a máis importante en todo o mundo en enxeñerías e supón a garantía de que os estudos en cuestión …
Continuar lendo
Tes unha cita con Edugal do 04 ao 06 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos expositores haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira. Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional. …
Continuar lendo
Reunión para facilitar información sobre os programas de mobilidade no curso 2023/24. Terá lugar na aula A2-I da Sede Cidade de 13:00 a 14:00 horas. Na seguinte ligazón podes consultar o horario de atención individual. Para a atención presencial debes solicitar cita previa a través do correo electrónico eei.exteriores@uvigo.gal.
Continuar lendo
Reunión para facilitar información sobre os programas de mobilidade no curso 2023/24. Terá lugar na aula 4 da Sede Campus de 13:00 a 14:00 horas. Na seguinte ligazón podes consultar o horario de atención individual. Para a atención presencial debes solicitar cita previa a través do correo electrónico eei.exteriores@uvigo.gal.
Continuar lendo
Salón de actos Hospital Álvaro Cunqueiro O xoves 21 de setembro, a partir das 16:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro a presentación do robot que participará o venres 22 de setembro nunha xornada de cirurxía robótica de xeonllo. Estarán enxeñeiros da empresa e poderase ver ao robot e coñecer detalles do mesmo. Dende o Hospital Álvaro Cunqueiro convídase a participar nesta presentación ao alumnado do Grao en Enxeñería Biomédica dos últimos cursos (3º e 4º) e do Mestrado en Enxeñería Biomédica, así coma o profesorado interesado. Para participar, é …
Continuar lendo
Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) Acollida Universidade (Praza Miralles) Todo o alumnado de novo ingreso 10:00 – 14:00 Información sobre: bolsas, biblioteca, servizos informáticos, mobilidade, aloxamento, idiomas, voluntariado, Igualdade, oferta cultural, etc. Podes consultar máis información en xornadas de acollida.
Continuar lendo
Alumnado de Mestrado en Enxeñería Industrial, Enxeñería Biomédica e Fabricación aditiva. SEDE CAMPUS (Salón de Actos) 16:30 – 17:00 Benvida Director da EEI. 17:00 – 18:00 Planificación e Organización Docente. TFM en empresa. Programas de Mobilidade. 18:00 – 19:00 Charlas profesionais. Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes consultar máis información en xornadas de acollida.
Continuar lendo
Alumnado de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso de grao) SEDE CIDADE (Paraninfo) Graos en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Enxeñería Química Industrial 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI. 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente/TFG. Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes consultar máis información en xornadas de acollida.
Continuar lendo
Alumnado de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso de grao) SEDE CAMPUS (Salón de Actos) Graos en Enxeñería Eléctrica, Enxeñería Mecánica, Enxeñería en Organización Industrial, Enxeñería Biomédica e PCEOS 11:00 – 11:30 Benvida Director da EEI. 11:30 – 13:00 Planificación e Organización Docente/TFG. Non esquezas que para poder participar nas xornadas de acollida é imprescindible facer o rexistro a través do seguinte formulario: Rexistro xornadas acollida. Podes consultar máis información en xornadas de acollida.
Continuar lendo