XORNADA Elas Fan CienTec 2024

O 8 de febreiro recibiremos a un grupo de máis de 50 alumnas do IES Alexandre Bóveda nunha nova xornada de Elas Fan CienTec.

 

 

Elas Fan CienTec é un programa de seminarios para alumnas de secundaria enmarcado dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de dar a coñecer a ciencia que se está levando a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no campo da I+D.

 

O programa previsto para esta xornada é o seguinte:

 

9:30-10:00 horas: Benvida e distribución obradoiros. Aula de Grao

10:00 – 11:00 horas: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella – Aula B / Deseño e prototipado – Aula G

11:00 – 11:30 horas: DESCANSO (intercambio do grupos)

11:30 – 12.30 horas: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado – Aula G / Termografía infravermella – Aula B

12.30 – 13.30 horas: Terceiro obradoiro (conxunto). Open Lab en el Hall: Experiencias profesionais na aplicación de novas tecnoloxías. Realidade Aumentada, Tecnoloxía Láser, Automatización e Robótica.

13:30 horas: finalización.

 

Podes consultar máis información en Xornada Elas Fan CienTec