Xornada biomédica: Situación actual e tendencias no campo biomédico

Xoves 14 de decembro, ás 11:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.

 

 

Esta xornada xirará en torno á situación actual e o importante papel que ten nas sociedades modernas a Enxeñería Biomédica. Tamén se falará das saídas profesionais neste eido tendo en conta as tendencias que se albiscan nos próximos anos.

 

Será impartida por D. José Manuel Blanco Rey, Account Executive Zona Norte na empresa Siemens Healthineers, quen contará a súa experiencia neste campo a través da súa dilatada carreira profesional no ámbito hospitalario e da Enxeñería Biomédica.

 

Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.