O papel e os retos da Enxeñería Industrial a través de proxectos e experiencias de egresados/as da EEI
Este ano voltamos celebrar unha nova edición do MEI Day. A xornada terá lugar o xoves 14 de decembro ás 18:00 horas no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Para poder participar é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.
O programa que se está a preparar para esta nova edición do MEI Day pretende amosar o importante papel dos/das enxeñeiros/as a través da súa experiencia ao longo da súa traxectoria e dos proxectos nos que traballaron e veñen traballando.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a xornada contará con profesionais/egresados/as que están traballando en proxectos de cambio enmarcados no ámbito industrial
A xornada está aberta a todos os estudantes da EEI, especialmente aos que están a cursar os últimos cursos de grao ou o Mestrado en Enxeñeria Industrial. Tamén é una oportunidade para aquelas persoas, Enxeñeiros/as Industriais, egresadas da EEI.
Non deixes pasar esta oportunidade de participar nunha xornada que contará con profesionais/egresados/as que están ocupando importantes postos e liderando proxectos innovadores en empresas da nosa Comunidade.
O programa previsto é o seguinte:
18:00 a 19:00 horas: Rolda de intervencións dos diversos relatores sobre a temática do encontro.
19:00 a 19:30 horas: Rolda de preguntas.
19:30 horas : Entrega d recoñecementos por parte do ICOIIG
19:45 horas: Café-networking entre todos os participantes da xornada.
Relatores
María Luisa Brandt Sanz: Enxeñeira Industrial Egresada da EEI. É a directora xeral do Grupo Servicio Móvil. O Grupo Servicio Móvil é un grupo empresarial de orixe galega e con presenza en todo o territorio nacional. O Grupo Servicio Móvil é líder en España en solucións integrais de loxística hospitalaria e en dixitalización de historias clínicas. Antes foi directora de Consultoría en Galicia para as firmas Artur Andersen e Deloitte, Directora-Xerente da empresa pública Galaria, dependente do Servizo Galego de Saúde e Xerente do Hospital Povisa de Vigo. |
|
Santiago García Seoane: Enxeñeiro Industrial egresado da EEI. Iniciouse en Renfe ocupando postos como técnico de motores, Xefe de bases de mantemento; e como responsable na xerente de Renfe Fabricación e Mantemento dende 2018, primeiro da zona Centro-Sur e actualmente, da zona Norte. |
|
Olaya Cea Fontela: Egresada do Mestrado en Enxeñería Industrial da EEI. Tras cursar o Grao en Enxeñería de Organización Industrial e realizar o Mestrado de Enxeñería Industrial en Vigo, realizou as prácticas e o Traballo Fin de Mestrado na empresa Carrocera Castrosua, S.A., que se dedica á fabricación de carrocerías de autobuses. Comezou no desenvolvemento dun configurador de produto, aprendendo na oficina técnica como se fabricaban as carrozarías, pasando á parte de homologacións dos vehículos e o cálculo de pesos no mesmo e, case 7 anos despois, é a Responsable de Enxeñería dirixindo tanto a oficina técnica, como homologacións e I+D+i cos novos proxectos e desenvolvementos. |
|
Joaquín José Sierra Andrés: Enxeñeiro Industrial Egresado da EEI. Tamén cursou estudos de MBA Executive IESIDE, desenvolvendo a primeira parte da súa carreira profesional nos sectores da automoción e no farmacéutico. Actualmente é responsable da área de Mobilidade con Hidróxeno no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG). |
|
Natalia Vidal Gómez: Egresada do Mestrado en Enxeñería Industrial da EEI.
Enxeñeira Industrial pola Universidade de Vigo e egresada do Mestrado en Enxeñería Industrial da EEI (promoción 2022), actualmente traballa coma Enxeñeira Especialista en Redes de Electricidade en UFD Facultativa de Obra de Distribución Eléctrica. |
Consulta o programa da V edición do MEI DAY