V edición MEI DAY

O papel e os retos da Enxeñería Industrial a través de proxectos e experiencias de egresados/as da EEI

 

 

Este ano voltamos celebrar unha nova edición do MEI Day. A xornada terá lugar o xoves 14 de decembro ás 18:00 horas no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Para poder participar é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.

 

O programa que se está a preparar para esta nova edición do MEI Day pretende amosar o importante papel dos/das enxeñeiros/as a través da súa experiencia ao longo da súa traxectoria e dos proxectos nos que traballaron e veñen traballando.

 

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, a xornada contará con profesionais/egresados/as que están traballando en proxectos de cambio enmarcados no ámbito industrial

 

A xornada está aberta a todos os estudantes da EEI, especialmente aos que están a cursar os últimos cursos de grao ou o Mestrado en Enxeñeria Industrial. Tamén é una oportunidade para aquelas persoas, Enxeñeiros/as Industrais, egresadas da EEI.

 

Non deixes pasar esta oportunidade de participar nunha xornada que contará con profesionais/egresados/as que están ocupando importantes postos e liderando proxectos innovadores en empresas da nosa Comunidade.

O programa previsto é o seguinte:

18:00 a 19:00 horas: Rolda de intervencións dos diversos relatores sobre a temática do encontro.
19:00 a 19:30 horas: Rolda de preguntas.
19:30 horas : Entrega d recoñecementos por parte do ICOIIG
19:45 horas: Café-networking entre todos os participantes da xornada.

 
Consulta o programa da V edición do MEI DAY