1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus. A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, presentan unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a figura da muller enxeñeira e fomentar as disciplinas STEM entre as nenas a través dunha exposición itinerante. A presentación terá lugar o día 1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus. A exposición farase durante todo o mes de febreiro na …
Continuar lendo
Venres 12 de xaneiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción que ven celebrando dende 2019. Será impartida por D. Carlos Castaño, Vicepresidente de Enxeñería Global en BorgWarner, que nos falará de como adaptarse e liderar o sector da automoción nun momento de grandes cambios. Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.
Continuar lendo
Xoves 14 de decembro, ás 11:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Esta xornada xirará en torno á situación actual e o importante papel que ten nas sociedades modernas a Enxeñería Biomédica. Tamén se falará das saídas profesionais neste eido tendo en conta as tendencias que se albiscan nos próximos anos. Será impartida por D. José Manuel Blanco Rey, Account Executive Zona Norte na empresa Siemens Healthineers, quen contará a súa experiencia neste campo a través da súa dilatada carreira profesional no ámbito hospitalario e da Enxeñería Biomédica. Para …
Continuar lendo
Feira de Universidades e Estudos Superiores O próximo mércores 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar no Colexio ‘Residencia Los Sauces’ (Pontevedra), a Feira de Universidades e Estudios Superiores na que, un ano máis, participará a nosa Escola. Esta feira celébrase no marco das XXVII Xornadas de Orientación Universitaria, organizadas anualmente polo centro ‘Los Sauces’, e que teñen como obxectivo informar de maneira personalizada sobre as distintas opcións educativas ao alumnado. Podes consultar toda a información no díptico da xornada.
Continuar lendo
O papel e os retos da Enxeñería Industrial a través de proxectos e experiencias de egresados/as da EEI Este ano voltamos celebrar unha nova edición do MEI Day. A xornada terá lugar o xoves 14 de decembro ás 18:00 horas no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Para poder participar é necesario facer o rexistro no seguinte formulario. O programa que se está a preparar para esta nova edición do MEI Day pretende amosar o importante papel dos/das enxeñeiros/as a través da súa experiencia ao longo da súa traxectoria e dos proxectos …
Continuar lendo
Luns 27 de novembro ás 16:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus. Será impartida polo relator Gonzalo Matanza (Product Specialist | Spain & Portugal).
Continuar lendo
Xoves 2 de novembro ás 17:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus. Será impartida pola relatora Eva Cano, egresada da EEI, onde cursou Estudos en Enxeñería Eléctrica, e que se atopa actualmente traballando como Project Manager no CERN, onde leva 5 anos tras rematar os estudos na nosa Escola. Unha charla sobre as oportunidades nun centro de investigación de primeiro nivel. Coñece os proxectos e as oportunidades para o desenvolvemento dos/das enxeñeiros/as a través da experiencia dunha egresada da Escola. Unha gran oportunidade que pode ser do teu interese. Se queres participar, rexístrate …
Continuar lendo
Tes unha cita con Edugal do 04 ao 06 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra. A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación. Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos expositores haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira. Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional. …
Continuar lendo
Salón de actos Hospital Álvaro Cunqueiro O xoves 21 de setembro, a partir das 16:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro a presentación do robot que participará o venres 22 de setembro nunha xornada de cirurxía robótica de xeonllo. Estarán enxeñeiros da empresa e poderase ver ao robot e coñecer detalles do mesmo. Dende o Hospital Álvaro Cunqueiro convídase a participar nesta presentación ao alumnado do Grao en Enxeñería Biomédica dos últimos cursos (3º e 4º) e do Mestrado en Enxeñería Biomédica, así coma o profesorado interesado. Para participar, é …
Continuar lendo
Alumnado de iniciación de estudos (1º curso de grao) Acollida Universidade (Praza Miralles) Todo o alumnado de novo ingreso 10:00 – 14:00 Información sobre: bolsas, biblioteca, servizos informáticos, mobilidade, aloxamento, idiomas, voluntariado, Igualdade, oferta cultural, etc. Podes consultar máis información en xornadas de acollida.
Continuar lendo