Xornada de portas abertas

O xoves 16 de xuño ás 11:00 horas terá lugar unha nova edición da Xornada de Portas abertas, unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI,   Durante esta xornada, os asistentes coñecerán polo miúdo toda a oferta formativa das titulacións da nosa escola e as saídas profesionais.   Este ano esta xornada voltará celebrarse de forma presencial.   O programa previsto é o seguinte:   11:00 h – 12:00h Charla xeral en Sala 1 edificio Miralles sobre preinscrición, matrícula, oferta formativa, servizos e oferta cultural e de extensión universitaria da Universidade de Vigo.   12:00 h – 13:00 …

Continuar lendo

Acto de graduación 2022

O 2 de xuño, a partir das 18:00 horas, celebrarase o acto de graduación do noso alumnado.     Este ano presenta como particularidade a primeira promoción do Grao en Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalaria Universitario de Vigo, e tamén a primeira promoción do alumnado do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais que forma parte do Programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.   Xunto a eles, participarán a sétima promoción de alumnos/as que finalizan os estudos no marco do Mestrado en Enxeñería Industrial, ademais da novena promoción de estudantes que cursaron algún dos …

Continuar lendo

XXVIII Seminario de Loxística

Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Escola de Enxeñería Industrial.     O Seminario pretende servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.   A asistencia ao seminario é gratuíta. Os interesados en asistir podedes reservar a vosa praza directamente na web do Grupo GIO ou na seguinte ligazón https://forms.gle/E1JLXrTSMDKVj5ff8.   O programa será o seguinte:   10:00 horas. Blockchain aplicado á cadena de subministración: creando valor …

Continuar lendo

Aplicando tecnoloxías XR na industria de forma sostible

Seminario que se celebrará de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da EEI – Sede Campus     Nesta xornada, Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, achegaranos ás tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria.   O programa será o seguinte: 10:00 – 10:15: Apertura da Xornada – Juan Pardo (Director da EEI)   10:15 – 10:45: Visión global das tecnologías XR – Santiago González (CEO de Arsoft)   10:45 -11:15: Como invertir de forma sostible en tecnoloxías XR? – Santiago González …

Continuar lendo

Impresión 3D de medicamentos: de circuitos a “imprimidos”

Charla que se celebrará ás 16:00 horas na aula 15 da EEI- Sede Campus     Será impartida polo Dr. Álvaro Goyanes, científico galego fundador da empresa FabRx e que figura por terceiro ano consecutivo na lista dos investigadores máis influentes do mundo elaborada por Web of Science.   Xunto ao seu equipo, Álvaro Goyanes está desenvolvendo unha impresora 3D que permitiría “fabricar” medicamentos en casa. Esta investigación tivo unha gran acollida dende a súa publicación no International Journal of Pharmaceutics.   O acceso á charla será libre previo rexistro no seguinte formulario.

Continuar lendo

Á procura de talento no ámbito da automatización e control de procesos: novos retos e desafíos

Mesa redonda que se celebrará de 18:30 a 20:00 horas no Paraninfo da EEI – Sede Cidade (Rúa Torrecederia, nº 86)     Participan: María José Raposo, Presidenta, ISA Sección Española Almudena Álvarez, EMEA IIPS Senior Proposal Manager de HONEYWELL Process Solutions Carmen Valverde, Project Manager, FOSTER-WHEELER Julia García, Regional Director Operations Southern Europe, EMERSON Mónica Martínez, Xestora de Optimización e Control da Refinería de Coruña, REPSOL     Modera: Isabel Vidal, Profesora e Consultora da sección de estudantes, USC     Presenta: José Ignacio Armesto, Profesor e ex-advisor da sección de estudantes, UVIGO

Continuar lendo

Acto académico de celebración do patrón da EEI

Xoves 17 de marzo a partir das 12:00 horas.     O programa do acto de celebración do patrón da EEI será o seguinte:   12:00 horas Apertura do acto, a Subdirectora de Xestión e Organización Docente da paso a Dª. Bibiana Rodiño Janeiro, Directora Xeral de BETA Implants quen dará a conferencia de apertura baixo o título: “Beta Implants: un proxecto de excelencia empresarial de BioEnxenería”   12:30 horas Reconoñecemento aos profesores mellor valorados segundo as enquisas realizadas ao alumnado da EEI.   12:45 horas Recoñecemento aos mozos investigadores da EEI como Persoal de Investigación en Formación.   13:00 …

Continuar lendo

Xornada divulgativa sobre usos e aplicacións da RV/RA

Xornada orientada ao profesorado das distintas áreas con docencia na Escola     Data: 18 de febreiro de 2022, ás 12:00 horas Relator: Xoel Vázquez Lugar: Aula 15 (EEI)     Esta xornada enmárcase dentro dun conxunto de actividades cuxo obxectivo é coñecer, avaliar e considerar aplicacións potenciais, tanto para docencia como investigación.   O programa será o seguinte: Presente/Futuro da RV/RA. Principais Características da Tecnoloxía RV/RA. Aplicacións da RV/RA no ámbito industrial: Casos de uso/éxito (exemplos en entornos industriais). Aplicacións da RV/RA na docencia/investigación: Uso en laboratorios, centros de investigación,… Plataformas de desenvolvemento (breve introducción das características da plataforma …

Continuar lendo

Obradoiros Elas Fan CienTec – Venres 11 de febreiro 2022

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia     Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o próximo 11 de febreiro, a EEI celebra unha xornada na escola na que participarán nenas da ESO do Instituto de Valadares.     O programa será o seguinte:   9:30 – 10:00: Benvida e distribución obradoiros. Salón de Actos 10:00 – 11:00: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella. Aula G / Deseño e prototipado. Aula D 11:00 -11:30 DESCANSO 11:30 – 12:30: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado. Aula D / Termografía infravermella. Aula G 12:30 – 13:30: Terceiro …

Continuar lendo

Charla Mestrado en Enxeñería da Automoción

Electrificando. Transición dos motores de combustión interna aos eléctricos no sector da automoción     O próximo mércores 1 de decembro ás 17:00 horas terá lugar na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, unha nova charla das CHIA, ciclo de charlas sobre enxeñería da automoción organizadas polo Mestrado en Enxeñería da Automoción.   Contará coa participación de D. Carlos Castaño, Vicepresidente de Enxeñería  Global en BorgWarner Emmisions.   Realizar a inscrición en https://forms.gle/7okP9BsNY5YdYD7Z6  

Continuar lendo