O mércores 16 de outubro ás 17:30 horas, no Paraninfo da EEI – Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial. Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario. Esta xornada vai dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulados ou nos últimos cursos. Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (administración pública, empresa, docencia…) que …
Categoría: A escola
XXX Seminario de Loxística
O próximo mércores 22 de maio de 2024 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo (sede Campus) o XXX Seminario de Loxística, Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo. A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. O obxectivo deste evento, que se realiza cunha periodicidade anual, é servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas …
OBRADOIRO: “BUSCA BIBLIOGRÁFICA EN INVESTIGACIÓN EN SAÚDE”
16:30 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro. Bloque técnico. Planta 2. Vela D. O obxectivo principal desta xornada é que o alumnado sexa capaz de acceder e, na medida do posible, conseguir o texto completo das principais referencias bibliográficas que poidan ser de interese para un estudo ou unha investigación. Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Dª. Yolanda Sanmartín Reinoso, Bibliotecaria Documentalista na Área sanitaria de Vigo, e moderada polo Dr. José María Pego Reigosa, do Servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo e coordinador do Grupo de Investigación IRIDIS (Investigation in Rheumatology …
Presentación programa atracción de talento
O martes 19 de marzo, a partir das 13:00 horas, terá lugar na EEI o lanzamento dun programa de talento posto en marcha polo Clúster de Automoción de Galicia. O obxectivo deste programa é achegar o talento das universidades ás empresas de automoción e mobilidade de Galicia. Se es estudante do último ano de grao ou mestrado, non deixes escapar esta oportunidade e amosa o teu talento! Terás grandes vantaxes e a posibilidade de gañar importantes premios. Achégate o próximo 19 de marzo á presentación que terá lugar no salón de actos da EEI-Sede campus e …
Acto académico de celebración do patrón da EEI 2024
O xoves 21 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial. Para asistir é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 18 de marzo a través do QR ou na ligazón: https://forms.gle/ndWg56buNQ6Q3du59 O programa do acto podes consultalo na seguinte ligazón: Programa acto académico patrón EEI.
Charla automoción: A transformación do automóbil. D. Juan Antonio Muñoz – Director Industrial Stellantis
Venres 23 de febreiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción. Será impartida por D. Juan Antonio Muñoz Codina, Director Industrial Stellantis Península Ibérica, que nos falará do proceso de transformación do automóbil. Juan Antonio Muñoz formouse como enxeñeiro na nosa Escola e ocupou ao longo de toda a súa carreira en Stellantis importantes postos directivos. Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.
XORNADA Elas Fan CienTec 2024
O 8 de febreiro recibiremos a un grupo de máis de 50 alumnas do IES Alexandre Bóveda nunha nova xornada de Elas Fan CienTec. Elas Fan CienTec é un programa de seminarios para alumnas de secundaria enmarcado dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de dar a coñecer a ciencia que se está levando a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no campo da I+D. O programa previsto para esta xornada é o seguinte: 9:30-10:00 horas: Benvida e distribución obradoiros. Aula de Grao 10:00 – 11:00 …
Exposición mulleres enxeñeiras de éxito
1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus. A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, presentan unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a figura da muller enxeñeira e fomentar as disciplinas STEM entre as nenas a través dunha exposición itinerante. A presentación terá lugar o día 1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus. A exposición farase durante todo o mes de febreiro na …
Charla automoción: Leading in a changing world. D. Carlos Castaño – Vpdte Enxeñería Global – BorgWarner
Venres 12 de xaneiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción que ven celebrando dende 2019. Será impartida por D. Carlos Castaño, Vicepresidente de Enxeñería Global en BorgWarner, que nos falará de como adaptarse e liderar o sector da automoción nun momento de grandes cambios. Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.
Xornada biomédica: Situación actual e tendencias no campo biomédico
Xoves 14 de decembro, ás 11:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Esta xornada xirará en torno á situación actual e o importante papel que ten nas sociedades modernas a Enxeñería Biomédica. Tamén se falará das saídas profesionais neste eido tendo en conta as tendencias que se albiscan nos próximos anos. Será impartida por D. José Manuel Blanco Rey, Account Executive Zona Norte na empresa Siemens Healthineers, quen contará a súa experiencia neste campo a través da súa dilatada carreira profesional no ámbito hospitalario e da Enxeñería Biomédica. Para …