Está aberto o prazo de solicitudes de participación no European Project Semester (EPS) organizado pola universidade HTW des Saarlandes, socia da UVigo e situada en Saarbrucken (Alemania).
Características do programa
O EPS é un programa de mobilidade para enxeñería que dura 18 semanas e combina unha estadía de 13 semanas nunha empresa da rexión do estado alemán de Sarre (4 días por semana) con docencia dunha materia técnica impartida na universidade (1 día por semana).
O EPS inclúe tamén cursos preparatorios de alemán, Project management/team building e Comunicación intercultural durante as semanas 1 a 3.
O EPS 25/26 comeza o 22/09/2025.
A data límite de presentación de solicitudes é o 20 de abril de 2025 ás 23:59 horas.
Para máis información podedes consultar a web do EPS ou a presentación do programa do curso 2025/26.
Sesión informativa
Celebrarase unha breve sesión informativa en liña para presentar o programa e resolver dúbidas
- Data: luns 7 de abril.
- Hora: 14:00 horas.
- Lugar: Sala REU da sede campus.
- Contrasinal alumnado: cYW2XD5F
Presentación de solicitudes
Os estudantes interesados en participar no EPS deben completar este formulario (DOCX, PDF e ODT) e remitilo por correo electrónico á subdirección de Relacións Internacionais da EEI antes do 20 de abril de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
O formulario deberá enviarse desde un enderezo de correo electrónico do dominio @alumnos.uvigo.es.
Os formularios dos alumnos solicitantes enviaranse á HTW des Saarlandes a través da Oficina de Relacións Internacionais da UVigo.
A selección dos estudantes realizarase na universidade socia, quen comunicará por e-mail aos solicitantes a súa aceptación ou exclusión do EPS.
Posibilidades de apoio económico
O EPS é compatible cunha bolsa Erasmus-internships.
A carta de preaceptación que debe presentarse xunto ca solicitude ou no período de subsanación debe ser solicitada á HTW des Saarlandes.

Copyright: Doris Kollmann, director International Office, HTW Saar




