É un pracer para nós anunciarvos a celebración do “IV Research Writing Workshop. Science and Technology PhD students edition – 2025” organizado dentro do programa de doutoramento en “Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria”.
O workshop será impartido pola profesora Hilary Glasmann-Deal. A profesora Glasman-Deal é “Director of Research Communication” do “Centre for Academic English” do Imperial College London. Ten máis de 20 anos de experiencia no ensino sobre como escribir artigos científicos a investigadores cuxa lingua materna non é o inglés. Imparte este tipo de seminarios por todo o mundo, polo que esta é unha oportunidade única para nós.
Para que o seminario sexa eficiente, o número de asistentes estará limitado a 20.
Terá prioridade o alumnado que envíe a información solicitada e por rigorosa orde de recepción da información. Podes consultar toda a información aquí.
Información importante:
O workshop terá lugar os días 21 e 22 de maio de 2025.
Centro: Escola de Enxeñería Industrial (sede campus).
Aula: a confirmar.
Horario:
- Mércores 21 de maio : de 9:00 a 17:00 horas.
- Xoves 22 de maio: sesións 1:1 individuias (horario a confirmar).
Podes consultar toda a información no programa.




