Acto celebración patrón EEI 2025

O próximo xoves 20 de marzo terá lugar o acto académico de celebración do patrón da Escola de Enxeñería Industrial, no Paraninfo da Sede Cidade, a partir das 12:00 horas (prégase estar ás 11:30 horas para facer a recepción).

Dende a dirección da Escola, queremos convidarvos a participar neste acto.

Ao finalizar, celebrarase un xantar no Hotel NH COLLETION, na avenida de García Barbón, nº 17.

Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar, é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 17 de marzo a través do QR ou na ligazón:

https://forms.gle/ecM3zugjRP26U7T4A

Consulta o programa completo.