Axenda

  • Mar
    22
    Set
    2026

    📅 22 e 23 de setembro de 2026
    📍 Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus
      

    As II Xornadas de Enxeñaría Biomédica nacen como un punto de encontro entre a enxeñaría e a medicina, reunindo durante dous días a alumnado, profesorado, persoal investigador e profesionais do sector para abordar diferentes ámbitos da enxeñaría biomédica e as súas aplicacións na saúde.
     

    O programa inclúe:
     

    Martes 22 de setembro
     

    • Acto de apertura e inauguración.
    • Charla Tecnología al servicio del neurocirujano: sistemas de asistencia quirúrgica, a cargo do Dr. Manuel Carballo Quintá.
    • Mesa redonda Mujeres STEM: Realidades y Desafíos.
    • Obradoiro de Beta Implants: Ingenieros + Veterinarios: el equipo detrás de las soluciones clínicas.
    • Exhibición do robot EDGE MP1000.
    • Stands.

     
    Mércores 23 de setembro
     

    • Charla Avances en Electrofisiología Cardiológica, a cargo da Dra. Pilar Cabanas e Paula Barrio.
    • Charla Inteligencia Artificial y supercomputación en salud, a cargo de Benigno Rosón e o Dr. Javier Cacheiro López.
    • Mesa redonda de egresados/as: Oportunidades después de la carrera.
    • Obradoiro de Gradiant: Clasificación de secuencias proteicas mediante representación del juego del caos y redes neuronales profundas.
    • Exhibición do robot EDGE MP1000.
    • Stands.

     
    Máis información: https://jib.webs.uvigo.es/

     

    Esperámoste!

  • Lun
    21
    Set
    2026

    21 e 23 de setembro

      

    Es estudante de 4º? Sabes responder ás seguintes preguntas?
     
    — Que diferenza hai entre prácticas curriculares e extracurriculares?
     
    — Podo facer prácticas no verán?
     
    — Podo facer prácticas no estranxeiro despois de titularme?
     
    — Canto poden durar as prácticas?
     
    — As prácticas son remuneradas?
     
    — Podo presentar o TFG se me queda algunha materia pendente?
     
    — Se presento o TFG en setembro, teño que volver pagar a matrícula?
     
    — Que opcións teño para continuar os meus estudos?
     
    — Podo optar a algún programa de mobilidade sendo alumno/a de 4º?
     
    Se tes dúbidas sobre estas ou outras cuestións, podes asistir a unha das seguintes reunións:
     

    Sede Cidade
    📅 Luns 21 de setembro
    🕐 16:00 h
    📍 Paraninfo + Campus Remoto
    Contrasinal de alumno/a: cYW2XD5F
    Duración estimada: 1 hora

    Sede Campus
    📅 Mércores 23 de setembro
    🕐 13:30 h
    📍 Aula pendente de confirmar + Campus Remoto
    Contrasinal de alumno/a: cYW2XD5F
    Duración estimada: 1 hora
     

  • Mér
    02
    Set
    2026

    10:00 horas - Sede campus. 16:00 horas - Sede cidade

     

     

    A Escola de Enxeñaría Industrial dará a benvida ao alumnado de novo ingreso o 2 de setembro cunha xornada de acollida que se desenvolverá en horario de mañá na Sede Campus e en horario de tarde na Sede Cidade, co obxectivo de facilitar a incorporación á vida universitaria e dar a coñecer a Escola, os seus servizos e recursos.

     

    🟦 Sede Campus
     

    📅 2 de setembro · 🕙 10:00 h · 📍 Salón de Actos

     

    Programa
     

    • 10:00 – 10:10 h: Benvida.
    • 10:10 – 11:45 h: Actividades de acollida.
    • 11:45 – 11:55 h: Información sobre prevención de riscos.
    • 11:55 – 12:00 h: Peche.

     

    🟩 Sede Cidade

     

    📅 2 de setembro · 🕓 16:00 h · 📍 Paraninfo

     

    Programa
     

    • 16:00 – 16:10 h: Benvida.
    • 16:10 – 17:45 h: Actividades de acollida.
    • 17:45 – 17:55 h: Información sobre prevención de riscos.
    • 17:55 – 18:00 h: Peche.

     

    Importante: para participar nestas xornadas é imprescindible realizar o rexistro previo a través do formulario de inscrición.

     

    Podes consultar toda a información na nova publicada na web da EEI.

     

    Documentos e enlaces

  • Mar
    21
    Xul
    2026

    Organizado por CINTECX, converterá a EEI nun espazo de referencia para o intercambio de coñecemento, a innovación e a colaboración científica.
      

      

    As instalacións da Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) acollerán os próximos 21 e 22 de xullo o congreso internacional DCETIP 2026, organizado por CINTECX. Este encontro doutoral reunirá persoal investigador especializado en enerxía, tecnoloxías avanzadas e procesos industriais para compartir coñecemento, presentar os resultados das súas investigacións e fomentar novas colaboracións.

     

    O congreso está dirixido a persoal investigador en etapas iniciais, doutorandas e doutorandos, persoas recentemente doutoradas e profesionais do ámbito industrial interesados en presentar os seus traballos ou debater novas liñas de investigación nun contorno de carácter internacional.

     

    Concibido como un espazo para o intercambio de ideas e a creación de sinerxías, DCETIP 2026 ofrecerá un programa científico que abordará algúns dos principais retos e avances da investigación industrial. O encontro favorecerá o diálogo entre o mundo académico e o sector empresarial, impulsando a colaboración, a transferencia de coñecemento e o desenvolvemento de novas liñas de investigación.

     

    Ademais, contará coa participación de destacadas figuras de referencia internacional, cuxas relatorios achegarán unha visión actualizada dos avances máis relevantes nestes ámbitos. A súa presenza reforza a dimensión internacional do congreso e o compromiso de CINTECX coa excelencia científica e a atracción de talento investigador.

     

    O programa completo do congreso pode consultarse no sitio web oficial de DCETIP 2026.

  • Ven
    03
    Xul
    2026
    17:00EEI - Sede Campus

    Meses de traballo, innovación e perseveranza culminan na presentación do novo monopraza de UVigo Motorsport

     

    O próximo venres 3 de xullo a partir das 15:00 horas, terá lugar no salón de actos da EEI – Sede Campus a presentación do novo vehículo desenvolvido por UVigo Motorsport, o equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.

     

    UVigo Motorsport é o único equipo de Fórmula Student de Galicia. Creado no ano 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial, está integramente formado por alumnado da Universidade de Vigo e ten como obxectivo deseñar, fabricar e poñer a proba un vehículo monopraza de competición para participar na Fórmula Student, a competición interuniversitaria de enxeñería do automóbil máis prestixiosa do mundo.

     

    A presentación deste ano ten, ademais, un significado especial. Hai uns meses, un incendio no taller no que traballaba o equipo provocou importantes danos e obrigou a afrontar un importante contratempo no desenvolvemento do proxecto. Grazas ao esforzo, á dedicación e á capacidade de adaptación dos seus integrantes, así como ao apoio recibido por parte da Universidade de Vigo e do Cintecx, que lles facilitaron un novo espazo para continuar co seu traballo, UVigo Motorsport conseguiu superar esta dificultade e completar o deseño do novo vehículo, un logro que pon de manifesto tanto a resiliencia do equipo como o compromiso da comunidade universitaria co proxecto.

     

    Durante o acto darase a coñecer este novo monopraza, co que os estudantes afrontarán unha nova tempada de competicións internacionais co obxectivo de seguir mellorando os resultados acadados en edicións anteriores.

     

    Co novo vehículo, o equipo participará nas seguintes probas internacionais:

     

    • Formula Student Austria, do 26 ao 30 de xullo no Red Bull Ring.
    • Formula Student Spain, que se disputará no Circuit de Barcelona-Cataluña (Montmeló) entre o 1 e 7 de agosto.

     

    Non perdas a oportunidade de coñecer de primeira man o novo monopraza de UVigo Motorsport e descubrir o traballo, o talento e a capacidade de superación do alumnado que fai posible este proxecto de enxeñería.