Renuncia á avaliación continua

Aqueles alumnos/as que por motivos xustificados teñan que renunciar ao sistema de avaliación continua nos graos, nunha ou varias materias do primeiro cuadrimestre, poderán facelo ata o 9 de outubro de 2020. A solicitude será electrónica mediante o formulario que está dispoñible na web da EEI: https://forms.gle/dnKwwb36gEAK9mWw6

 As solicitudes con nome e apelidos mal escritos (todo maiúsculas, todo minúsculas, sen tildes) serán denegadas por defecto de forma.

Non se atenderá ningunha solicitude sen documentación xustificativa do motivo indicado, segundo corresponda en cada caso (vida laboral actualizada, contrato de deportista, certificado de deportista de alto nivel, resgardo de matrícula/expediente acacémico/copia dos horarios concretos, motivos médicos, etc.).

Recórdase que mentres non se resolvan as solicitudes o alumnado deberá presentarse as actividades e probas de avaliación continua establecidas por cada materia.

No caso de 1º de PCEOs, elexir un dos graos. De faltar algunha materia, enviar un correo a eei.secretario@uvigo.es, así como calquera outra incidencia unha vez publicada a resolución provisional.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *