Prácticas de Campo e Saídas de Estudo 2020/2021

Ata o vindeiro 19 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes de prácticas de campo e saídas de estudo para o 1º cuadrimestre do curso 2020/2021.

As solicitudes presentaranse nos Negociados de Asuntos Xerais.

Xunto coa solicitude, deberá presentarse o impreso de conformidade asinado polos coordinadores da materias afectadas pola práctica de campo ou saída de estudo (punto 4 da convocatoria) e a previsión de gastos cuberta no caso de actividades de máis dun día de duración (punto 2 da convocatoria).

O calendario elaborado con estas solicitudes ten que ser aprobado pola Comisión Permanente da Escola antes da finalización do prazo establecido na convocatoria pola Vicerreitoría de Estudantes.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *